Constanza de Hauteville: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 64:
En efecto, aos baróns e ao [[papado]] non lles gustaban os [[Suabia|suabos]] e a súa política; considerábanos pouco influenciábeis e demasiado autoritarios. En consecuecia, os baróns elixiron como rei a [[Tancredo de Sicilia]], primo de Guillerme II e fillo natural de [[Roger III de Puglia|Roger III]], duque de [[Puglia]]; o seu avó era [[Roger II de Sicilia|Roger II]] e a sú tía a mesma princesa Constanza, un ano máis nova ca el.
 
A elección recaeu en Tancredo porque tiña sona como comandante militar, e era o único descendente da liñaxe normanda de Sicilia, aínda que ilexítimo. Por outra parte, estando o emperador [[Federico Barbarroxa]] participando na [[Cruzadas|III Cruzada]] en [[Terra Santa]], Enrique VI e Constanza foron obrigados a permanecer no [[Alemaña|Reino de Alemaña]], que daquela estaba nunha situación particularmente delicada e, por tanto, a descoidar a atención de Sicilia. Neste contexto, en novembro de [[1189]], en [[Palermo]], Tancredo foi coroado rei de Sicilia. O [[papa]] [[Clemente III]], a pesar de que non viavía con bos ollos un soberano da casa de Hohenstaufen, de Alemaña, en Sicilia, aprobou e recoñeceu a elección.
 
Cando Henrique, en [[1191]], sucede ao seu pai no trono imperial, partíu de contado para conquistar Sicilia, apoiado pola frota [[pisa]]na, sempre fiel ao emperador. Porén, a frota siciliana de Tancredo conseguiu vencer aos mariñeiros pisanos e ao exército de Henrique, que foi dezmado, debido a unha serie de acontecementos desafortunados (entre eles unha praga). Tancredo tamén logrou capturar e encarcerar a Constanza en [[Salerno]]. Para liberar á emperatriz, o rei normando acordou unha tregua con Henrique. Pensou entregar a Constanza ao papa Celestino III, que se ofrecera como mediador; pero durante a viaxe a [[Roma]], o convoi foi atacado por un grupo de soldados suabos, e a emperatriz foi liberada.