Lemavos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Os '''lemavos''' eran un pobo prerromano da Gallaecia, pertencente ao convento xurídico lucense, cuxo territorio pode reducirse á actual comarca da Terra de Lemos, no Sur...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de xuño de 2007 ás 16:05

Os lemavos eran un pobo prerromano da Gallaecia, pertencente ao convento xurídico lucense, cuxo territorio pode reducirse á actual comarca da Terra de Lemos, no Sur da provincia de Lugo, España.

Fontes

Os lemavos son citados Plinio, Naturalis Historia, IV, 112, e por Claudio Ptolomeo, Geographia, II, 6, 25, identificando este Dactonium como a súa capital.

Reducción xeográfica

Os lemavos están reducidos á Terra de Lemos, desde hai xa bastante tempo, pois o nome da comarca conservouse en documentos altomedievais como Lemavus ou Lemabus.

Dactonium tardou máis en identificarse, porén figuraba tamén nos cartularios da Alta Idade Media como Castrum Actonium, que expresamente indicaban que naquela época xa se comezaba a denominar Pino, polo que o seu asentamento é obrigatoriamente a parte alta da actual cidade de Monforte de Lemos, ocupada hoxe polo mosteiro de San Vicente do Pino e o castelo dos condes de Lemos.

Recrutamento militar

Os lemavos colaboraron con o exército romano, pois sábese que conformaron a Ala I Lemavorum.

Ver tamén