Era viquinga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Francia: Arranxos varios using AWB
Xoio (conversa | contribucións)
→‎Francia: arranxiño
Liña 22:
A primeira incursión viquinga comeza entre os anos 790 e 800, na costa oeste de Francia, atacando en verán e pasando o inverno en [[Escandinavia]]. Varias áreas costeiras perdéronse durante o reinado de [[Ludovico Pío|Luís o Piadoso]]. As incursións causaron graves danos en [[Ruán]] e [[Jumièges]]. Os atacantes buscaban facerse cos tesouros gardados nos mosteiros, os cales eran unha presa doada pola incapacidade dos monxes para se defender. Unha expedición remontou o [[río Sena]] ata chegar a [[París]]. Despois do ano [[851]], comezaron a establecerse no val baixo o Sena para pasar alí o inverno. Dúas veces máis na década de 860 chegaron a París deixándoa cando conseguían botín abondo ou recibían subornos por parte dos reis da [[Dinastía Carolinxia]].
 
Os reis carolinxios adoptaron políticas contraditorias que tiveron severas consecuencias. No ano 867 [[Carlos o Calvo]] asinou o Tratado de Compiègne, segundo o cal cedía a [[península dedo [[ContentinCotentín]] ó rei bretón Salomón, coa condición de que xurase lealdade e loitase como aliado contra os viquingos. Porén, no 911, o líder viquingo [[Hrolf Ganger]] forzou ó rei [[Carlos III de Francia|Carlos o Simple]] a asinar o [[Tratado de Saint-Clair-sur-Epte]], baixo o cal, dáballe [[Ruán]] e a zona da [[Alta Normandía]] a [[Hrolf Ganger]], establecéndose así o [[Ducado de Normandía]]. En troques, deulle a palabra ó rei de Francia de que sería o seu vasalo en 940, así como ser bautizado e defender os estuarios do Sena dos ataques viquingos.
 
Namentres, moitos edificios eran saqueados, queimados ou destruídos polos ataques viquingos, aínda que probablemente esta perspectiva sexa dada inxustamente polos relixiosos: ningunha cidade foi completamente destruída. Por outro banda, moitos mosteiros foron saqueados e toda-las abadías foron destruídas. Porén, as accións de [[Hrolf Ganger]] e os seus sucesores tiveron o efecto de provocar unha rápida recuperación.