Trigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Galiza: retiro refráns
Liña 416:
== Etnoloxía ==
=== Galiza ===
{{AP|O pan na cultura popular galega}}
En Galiza, a importancia do pan é capital desde hai séculos, sendo a base de alimentación para a poboación. O xeito tradicional de elaboración do pan é con fermento.
 
Liña 421 ⟶ 422:
 
De sempre, o pan recibiu un trato de respecto debido, seguramente, das implicacións relixiosas derivadas do seu uso por [[Xesús Cristo]] en momentos relevantes do nacemento do [[catolicismo]]. O feito de considerar o pan coma ''o corpo de Cristo'' esixía darlle un trato especial. Por todo o anterior, nunca se debe tirar o pan ao chan e, se cae, debe recollerse inmediatamente e bicalo. Se alguén atopa un anaco de pan caído nun camiño, debe recollelo e colocalo onde ninguén o poida pisar.
 
A seguir recóllese unha escolma de ditos, refráns e cantigas galegos referentes ao trigo<ref>http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=trigo&tipo_busca=lema</ref>:
 
* ''Agosto fáiselle maio ao que non ten pan sementado''.
* ''Cando hai trigo na eira, hai pan na maseira''.
* ''Cando o trigo é louro, o muge é d'ouro'' (recollido por [[Frei Martín Sarmiento]] en Pontevedra en 1762, referíndose a que este peixe, o [[muxe]], xeralmente de pouco valor, sabe mellor canda a colleita do trigo).
* ''Cando o trigo está louro, o barbo é coma un touro''.
* ''Cando o trigo está louro, o múxele vale ouro''.
* ''Cando o trigo está na eira, anda o pan por enriba da artesa''.
* ''Cando o trigo está nos campos, é de Deus e dos santos''.
* ''Cando o trigo están no celeiro, é do que ten diñeiro''.
* ''Chuvia na semana da Ascensión, cría nos trigos mourón''.
* ''De mal trigo nunca boa fariña''.
* ''En marzo, abrigo, noces e pan trigo''.
* ''Este ano hai moito trigo,/ ¡casamentos que ha de haber!/ hase de casa-la fame/ coa gana de comer''.
* ''Non é o mesmo predicar que dar trigo''.
* ''Non hai tal viño como o pantrigo e o leite macizo''.
* ''Non jantei, nin merendei; nin hoje probei bocado, senon un bolo de trigo, que tiña medio ferrado'' (recollido por [[Juan Sobreira Salgado]] en 1790 na súa obra "Vegetables de Galicia").
* ''O pantrigo e o centeo, val máis na barriga que no seo''.
* ''O pantrigo fíxoo Deus; a broa mandouna facer''.
* ''O pantrigo, sabe ben/ dichoso de quèn o còme!/ Mullèr bonita casada/ fortuna par'o seu hòme'' (cantiga recollía no século XIX por [[Marcial Valladares Núñez]]).
* ''O trigo que non se axunta na leira, xúntase na eira''.
* ''Pan de trigo, aceite de olivo y de parra el vino.''.
* ''Por moito trigo nunca é mal ano''.
* ''Quen colle trigo pode comer pantrigo''.
* ''Se che vai ben o trigo tardeiro, non llo digas ao teu compañeiro''.
* ''Trigo centeoso, pan proveitoso''.
* ''Trigo que lle a palla doura, logo estará pró fouciño''.
* ''Xa non come o pan de trigo'' (Recollido en [[Verín]], facendo referencia a unha persoa que está a morrer).
* ''Xa que o trigo non é meu, que o acañe quen o colleu''.
 
=== Literatura ===