Nixeria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Demografía: Arranxos varios, replaced: musulmana → musulmá
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 69:
Os reinos [[pobo yoruba|yorubas]] de [[Ife]] e [[Imperio Oyo|Oyo]] no suroeste de Nixeria tiveron gran relevancia no século XII<ref name="Falola1">{{cita libro|título=A history of Nigeria| nome1=Toyin|apelido1=Falola|nome2=Matthew M.|apelido2=Heaton|páxina=23|publisher=[[Cambridge University Press]]|ano=2008|url=http://books.google.com/books?id=XygZjbNRap0C&pg=PA23 |isbn=0-521-68157-X}}</ref><ref>{{cita libro|título=Hegemony and culture: politics and religious change among the Yoruba|nome=David D.|apelido=Laitin|páxina=111| publisher=[[Universidade de Chicago]]|ano=1986|isbn=0-226-46790-2|url=http://books.google.com/books?id=dHbrDvGQEbUC&pg=PA111}}</ref> e [[século XIV|XIV]]<ref>{{cita libro|título= Peoples of Africa, Volume 1|nome1=Fiona|apelido1=MacDonald|nome2=Elizabeth|apelido2=Paren|nome3=Kevin|apelido3=Shillington|nome4=Gillian|apelido4=Stacey|nome5=Philip|apelido5= Steele|páxina=385|publisher=Marshall Cavendish|ano=2000|isbn=0-7614-7158-8|url=http://books.google.com/books?id=joh5yHfcF-8C&pg=PA385}}</ref> respectivamente. Segundo a [[mitoloxía yoruba]], Ile-Ifẹ é berce da raza humana e é anterior a calquera outra civilización. Os sinais de asentamentos humanos máis antigos de Ifẹ datan do século IX,<ref name="Falola1"/> e a súa cultura material inclúe figuras de [[bronce]] e terracota. Ọyọ, no seu apoxeo territorial de finais do século XVII e comezos do XVIII, abranguía dende o oeste de Nixeria ata o [[Togo]] actual. O antigo [[Reino de Benin]] estaba localizado no suroeste de Nixeria. O poder de Benin durou dende o século XV ata o XIX. O seu dominio chegou ata a cidade de Eko (un nome de orixe [[Lingua edo|edo]] cambiado posteriormente por [[Lagos, Nixeria|Lagos]] por [[Imperio Portugués|portugueses]]).<ref>{{cita web|apelido=Metz|nome=Helen Chapin|título=Nigeria: A Country Study – The Slave Trade|publisher=[[Library of Congress Country Studies]]|ano=1991|url=http://countrystudies.us/nigeria/7.htm|dataacceso=28 de maio de 2011}}</ref>
 
O [[Reino de Nri]] do [[pobo igbo]], un dos máis antigos de Nixeria, consolidouse no século X, e continuou ata a colonización británica en 1911.<ref name="Juang">{{cita libro|título=Africa and the Americas: culture, politics, and history : a multidisciplinary encyclopedia, Volume 2|nome=Richard M.|apelido= Juang|páxina=597|publisher=ABC-CLIO|ano=2008|isbn=1-85109-441-5|url=http://books.google.com/books?id=wFrAOqfhuGYC&pg=PA597}}</ref><ref>{{cita libro|título=Africa from the seventh to the eleventh Century|nome=Ivan|apelido=Hrbek|páxina=254|publisher=James Currey Publishers|ano=1992|isbn=0-85255-093-6|url=http://books.google.com/books?id=qDFcD0BuekQC&pg=PA254}}</ref> Nri estivo gobernado polos Eze Nri, e a cidade de Nri está considerada como o centro da cultura Igbo. Nri e Aguleri, onde se sitúan os mitos igbo da [[mito da creación|creación]], están no territorio do clan Umeuri. Os membros do clan din ser a liñaxe da figura patriarcal Eri, un rei divinizado.<ref>{{cita libro|apelido=Uzukwu|nome=E. Elochukwu|título=Worship as Body Language|ano=1997|isbn=0-8146-6151-3|páxina=93|publisher=Liturgical Press|url=http://books.google.com/?id=9hhmzVrYPHAC&printsec=frontcover}}</ref> En África occidental, os bronces máis antigos foron creados mediante a técnica da [[cera perdida]] en [[Igbo-Ukwu]], unha cidade baixo influencia Nri.<ref name="Juang"/>
 
Durante séculos, numerosos pobos da Nixeria moderna tiveron relacións comerciais co Norte de África. As cidade da área convertéronse en centros rexionais dunha gran rede de comercio que se estendía polo oeste, o centro e o norte do continente. No século XVI, os exploradores portugueses e españois foron os primeiros europeos en ter un comercio directo e significativo con este pobos, principalmente, a través do porto que deron en chamar [[Lagos, Nixeria|Lagos]] e en [[Calabar]]. Os europeos intercambiaban mercancías cos pobos da costa, máis este contacto tamén supuxo o comezo do [[escravitude|comercio atlántico de escravos]].