Audiovisual galego: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
corrixo |
→Os comezos: quito texto que non ven a conto |
||
Liña 3:
== Historia ==
=== Os comezos ===
A primeira gravación da historia da [[filmografía]] galega foi o ''Entierro del general Sánchez Bregua'', rodada na [[A Coruña|Coruña]] o [[20 de xuño]] de [[1897]] (a segunda película española máis antiga tan só despois de ''Salida de misa de doce del Pilar de Zaragoza''), rodada por [[José Sellier]]. Dende aquela o seu percorrido é o da historia do resto da cultura galega, resumible en dúas opcións: exilio ou silencio. Facendo certo o refrán que fai que os profetas non o sexan na súa terra, o éxito dos profesionais galegos deuse no estranxeiro, principalmente na [[Arxentina]], [[México]], [[Francia]] e [[Cuba]]. Nomes como [[Maruja Mallo]], [[Carolina Otero]] ou [[Ignacio Quirós]] apareceron nas páxinas da revista ''[[Galicia Emigrante]]'', como mostra do que os galegos e fillos de galegos facían nas pantallas e teatros de fóra de Galicia
En [[1916]] filmouse ''[[Miss Ledyia]]'', o primeiro filme galego de ficción.
|