Mycobacterium: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-Gram positiva +grampositiva)
Liña 21:
[[Ficheiro:Mycobacterial cell wall diagram.png|miniatura|300px|[[Parede celular]] de micobacteria: 1-lípidos externos, 2-[[ácido micólico]], 3-[[polisacárido]]s ([[arabinogalactano]]), 4-[[peptidoglicano]], 5-[[membrana plasmática]], 6-[[lipoarabinomanano]] (LAM), 7-[[fosfatidilinositol manósido]], 8-esqueleto da parede celular.]]
 
As micobacterias son bacterias aeróbicas e inmóbiles (excepto a especie ''[[Mycobacterium marinum]]'', que é móbil dentro de [[macrófago]]s) que son cracteristicamente [[ácido resistente|ácido-alcohol resistentes]] (resisten a decoloración por ácidos durante a tinguidura).<ref name=Sherris /> En xeral, as micobacterias non conteñen [[endospora]]s e son consideradas xeralmente [[Gram positivagrampositiva]]s. Porén, observouse esporulación en ''Mycobacterium marinum'' e talvez en ''M. bovis''.<ref>Ghosh, Jaydip, Pontus Larsson, Bhupender Singh, B M Fredrik Pettersson, Nurul M Islam, Sailendra Nath Sarkar, Santanu Dasgupta, y Leif A Kirsebom. 2009. Sporulation in mycobacteria. Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 106, no. 26 (Junio 30): 10781-10786. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/19541637</ref>, aínda que isto foi moi contestado por outros científicos.<ref>Traag BA, Driks A, Stragier P, Bitter W, Broussard G, Hatfull G, Chu F, Adams KN, Ramakrishnan L, Losick R.2010. Do mycobacteria produce endospores? Proc Natl Acad Sci U S A. 2010 Jan 12;107(2):878-81.</ref> Cómpre tamén facer algunhas precisións sobre a súa tinguidura de Gram, xa que desde un punto de vista empírico non parecen corresponder á categoría das Gram positivasgrampositivas (é dicir, en xeral, non reteñen ben o colorante [[cristal violeta]]), e son clasificadas como bacterias ácido resistentes. Todas as especies de ''Mycobacterium'' comparten unha [[parede celular]] característica, de maior grosor ca a doutras bacterias, [[hidrofóbica]], cerosa, e rica en [[ácido micólico]]/micolatos. A parede celular consta dunha capa de micolatos hidrofóbicos e unha capa de [[peptidoglicano]] unidas polo [[polisacárido]], [[arabinogalactano]]. A parede celular fai unha contribución substancial á robustez das bacterias deste xénero. As [[ruta metabólica|rutas biosintéticas]] dos compoñentes da parede celular son dianas potenciais das novas drogas contra a tuberculose.<ref name= BhamidiS>{{Cita libro |author= Bhamidi S|year=2009|chapter=Mycobacterial Cell Wall Arabinogalactan|title=Bacterial Polysaccharides: Current Innovations and Future Trends|publisher=Caister Academic Press|isbn= 978-1-904455-45-5}}</ref> Moitas especies non parecen ter [[cápsula bacteriana|cápsula]] ou é moi difícil de ver coas técnicas de microscopía convencionais, pero nalgunhas, como ''M. tuberculosis'' está demostrada a presenza de cápsula.<ref>Daffé M, Etienne G. The capsule of Mycobacterium tuberculosis and its implications for pathogenicity. Tuber Lung Dis. 1999;79(3):153-69. PMID 10656114. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/10656114]</ref>
 
Moitas especies de ''Mycobacterium'' poden adaptarse rapidamente ao crecemento en substratos moi simples, utilizando [[amoníaco]] ou [[aminoácido]]s como fontes de nitróxeno, e [[glicerol]] como fonte de cabono en presenza de sales minerais. As súas temperaturas de crecemento óptimas varían amplamente segundo a especie e van desde 25&nbsp;°C a algo máis de 50&nbsp;°C.
Liña 58:
As micobacterias poden colonizar os seus [[hóspede]]s sen que estes noten ningún síntoma adverso. Por exemplo, miles de millóns de persoas teñen infeccións asintomáticas de ''[[M. tuberculosis]]''. A bacteria vive nos seus corpos con normalidade sen facer dano e só causa enfermidade en raros casos.
 
As infeccións por micobacterias son moi difíciles de tratar. Estes microorganismos son robustos debido á súa parede celular, que non é claramente [[Gram negativa]] nin [[Gram positivagrampositiva]] (ver máis arriba). Ademais, son resistentes de forma natural a varios [[antibiótico]]s que interfiren coa biosíntese da parede celular, como a [[penicilina]]. Debido á súa peculiar parede celular, poden sobrevivir a unha longa exposición aos ácidos, alcalis, deterxentes, [[explosión oxidativa|explosións oxidativas]], lise polo [[sistema do complemento]], e a moitos [[antibiótico]]s. A maioría das micobacterias son susceptibles aos antibióticos [[claritromicina]] e [[rifamicina]], pero apareceron xa cepas [[resistencia a antibióticos|resistentes a eses antibióticos]].
 
Como ocorre con outras bacterias patóxenas, as [[proteína]]s de superficie e as [[secreción|secretadas]] de ''M. tuberculosis'' contribúen significativamente á virulencia deste organismo. Hai unha lista crecente de proteínas extracitoplasmáticas das que se comprobou que teñen unha función na virulencia de ''M. tuberculosis''.<ref name= McCann>{{Cita libro |author= McCann et al.|year=2009|chapter=Secreted and Exported Proteins Important to Mycobacterium tuberculosis Pathogenesis |title=Bacterial Secreted Proteins: Secretory Mechanisms and Role in Pathogenesis|publisher=Caister Academic Press|isbn = 978-1-904455-42-4}}</ref>