Torre de Bermúdez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m correccións con AWB, replaced: mercader → mercador using AWB
WiKorunna (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Museo-valle.jpg|miniatura|300px|Entrada ó Museo Valle-Inclán.]]
 
A '''Torre de Bermúdez''' é un edificio civil de estilo [[renacentista]] situado no concello da [[Pobra do Caramiñal]]. Foi declarado Monumento histórico-artístico de interese nacional o [[17 de febreiro]] de [[1976]]<ref name="boe">[http://www.boe.es/boe/dias/1976/02/17/pdfs/A03316-03317.pdf Boletín Oficial del Estado]: martes 17 de febreiro de 1976, Núm. 41</ref> tanto pola súa relación coa figura [[Ramón María del Valle-Inclán]] coma polas súas cualidades artísticas.
 
==Historia==
O primeiro documento onde se menciona esta construción, escrito en [[1751]] por Miguel Joseph González Soldado, asegura que eran propietarios do edificio o mercador Juan Domínguez Giance e mais a súa muller Constanza Domínguez de Búa. É por isto polo que se lles atribúe tradicionalmente a súa construción a mediados do século XVI, unha época especialmente esplendorosa no Caramiñal, que en [[1554]] fora elevada á categoría de vila por [[Gómez Pérez das Mariñas III|Gómez Pérez das Mariñas]], señor do lugar e rexedor da cidade de [[Santiago de Compostela]]. Porén, algunhas fontes ven difícil que o señor do Caramiñal lle permitise a un vasalo construír unha edificación tan singular, e apunta ben ao propio Gómez Pérez das Mariñas como promotor da construción, ben á cesión do edificio ou do seu solar a cambio dun contrato de [[Foro (contrato)|foro]], aténdose a determinadas condicións.<ref>http://desdeacurota.wordpress.com/2010/10/28/mestres-canteiros-de-gran-fama-construian-pazos-en-caraminal/</ref>.
 
O edificio estivo logo vinculado á familia de [[Ramón María del Valle-Inclán]], xa que serían os seus pais [[Ramón del Valle-Inclán Bermúdez de Castro]] e Dona Dolores de la Peña y Montenegro os derradeiros residentes.
 
En [[1898]], o matrimonio véndelle o inmoble ao empresario Manuel Lojo, que este pasará a utilizar dende aquela como almacén de salgadura, causando á construción importantes danos patrimoniais.
 
Durante esa época, Valle-Inclán solicítalle a [[Afonso XIII]] a recuperación da torre que fora propiedade dos seus pais, así como a concesión dun título nobiliario de acordo coa súa liñaxe, aínda que se lle verían frustradas ambas as dúas ambicións.
Liña 18:
Coa crise que supuxo a escaseza de sardiña, a industria de salgadura do concello arruinouse, facendo que o antigo pazo deixase de ser un almacén para converterse nunhas meras ruínas.
 
Finalmente, en [[1981]] o inmoble pasou a ser propiedade do Concello da Pobra do Caramiñal, que o restauraría e convertería na actual sede do [[Museo Valle-Inclán]], primeiro museo integramente adicado ao escritor galego.
 
==Estilo arquitectónico==
Liña 30:
Tanto polo estilo como pola época de construción, a Torre de Bermúdez vese en relación cun nomeado arquitecto da época, [[Rodrigo Gil de Hontañón]], que naquel momento estaba a realizar traballos en [[Santiago de Compostela]]. Precisamente, o edificio contén elementos que gardan relación cunha das súas obras: a [[fachada do Tesouro]] da [[Catedral de Santiago de Compostela|catedral compostelana]].
 
Porén, máis que a intervención directa do arquitecto, algunhas fontes <ref>[http://books.google.es/books?id=twKxboDalGYC&pg=PA48&dq=gil+de+honta%C3%B1%C3%B3n+torre+berm%C3%BAdez&hl=gl&ei=bxiETaq7HYKzhAfT2-myBA&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCcQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false] Germán Ramallo Asensio, Begoña Alonso Ruíz: Arquitectura Señorial del norte de España</ref> apuntan o encargo da súa construción a Juan Pérez, aparellador da [[Fachada do Tesouro]] e que se atopaba neses momentos a realizar obras na igrexa de [[Santa María do Xobre]], parroquia veciña á do Caramiñal, que tamén estaba baixo o señorío de Xunqueiras.
apuntan o encargo da súa construción a Juan Pérez, aparellador da [[Fachada do Tesouro]] e que se atopaba neses momentos a realizar obras na igrexa de [[Santa María do Xobre]], parroquia veciña á do Caramiñal, que tamén estaba baixo o señorío de Xunqueiras.
 
Na época moderna, ao edificio engadíuselle unha terceira construción contigua e, tras a compra do inmoble polo Concello, incorporouse unha balaustrada de pedra nas escaleiras exteriores, con motivos vexetais.
 
==Uso actual==
Logo de quedar atrás o seu pasado como vivenda particular e a súa posterior utilización como almacén de salgadura, o conxunto alberga desde [[1987]] a sede do Museo Valle-Inclán, onde se mostran, entre outras cousas, as primeiras edicións das obras do escritor, algúns enseres e cartas persoais do dramaturgo e todo tipo de elementos relacionados coa súa vida e obra, tales como vestiario orixinal utilizado na representación dalgunha das súas obras teatrais.
 
A planta superior do edificio contiguo moderno conta actualmente cun auditorio público.