Estrela de David: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *destaque e outros
m →‎Usos: Arranxos varios
Liña 27:
{{VT|Bandeira de Israel}}
[[Ficheiro:Yellow star Jude Jew.svg|miniatura|dereita|Estrela de David usada polos [[nazis]].]]
Durante a [[Alemaña nazi]], os xudeus prisioneiros nos [[campo de concentración|campos de concentración]] eran identificados cunha "estrela dos xudeus" cosida na súa camisa. Dentro da ''estrela de David'', ía escrita a palabra "Jude", que en [[lingua alemá|alemán]] significa "xudeu".
 
Despois do establecemento do [[Israel|Estado de Israel]], cando non foi aceptada a proposta de Herzl dunha bandeira con sete estrelas e outra idea con sete Escudos de David, o Consello do Estado Provisional aceptou a decisión do comité doutra proposta dun símbolo e dunha [[Bandeira de Israel|bandeira]], confirmados en [[28 de outubro]] de [[1948]]. E así mudou a estrela de David dun simple símbolo xudeu ornamental a nivel de símbolo supremo do recentemente estabelecido Estado xudeu, sendo parte central da bandeira da nación, tendo por cima e por baixo dela dúas faixas azul celeste. Porén, os cidadáns árabes do novo Estado argumentaron que non se identificaban cunha bandeira que era composta unicamente por símbolos xudaicos. Os participantes do grupo [[Naturê Karta]] tamén deixaron de usar a Estrela de David despois deste evento, argumentando que este era un símbolo que representaba un Estado [[sionismo|sionista]].