Filipe I de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 18:
|}}
 
'''Filipe de Habsburgo''', alcumado ''o Fermoso'', nado en [[Bruxas]] ([[condado de Flandres|Flandres]]) o [[22 de xullo]] de [[1478]] e finado en [[Burgos]] o [[25 de setembro]] de [[1506]], foi un nobre da [[casa de Habsburgo]], [[arquiduque]] de [[Austria]], [[Ducado de Borgoña|duque de Borgoña]], [[Ducado de Brabante|Brabante]], [[Ducado de Limburgo|Limburgo]] e [[ducado de Luxemburgo|Luxemburgo]], [[Condado de Flandres|conde de Flandres]], [[Habsburgo]], [[Hainaut]], [[condado de Holanda|Holanda]], [[Zelandia]], [[Rexión de Tirol|Tirol]] e [[Artois]], señor de [[Antuerpen]] e [[Malinas]], entre outras cidades ([[1482]] - [[1506]]), e [[rei]] de [[Reino de Castela|Castela]] e de [[Reino de León|León]] ([[1504]] - [[1506]]) polo seu matrimonio con [[Xoana I de Castela|Xoana]], filla e herdeira dos [[Reis Católicos]].
 
Foi quen trouxo a liñaxe dos [[Habsburgo]] nos territorios da actual [[España]]. O apelativo ''o Fermoso'', deullo o rei [[Luís XII de Francia]]. En 1501, Filipe e [[Xoana I de Castela|Xoana]] viaxaban cara a [[Coroa de Castela|Castela]] para seren coroados e detivéronse en [[Blois]]. Alí o rei francés recibiunos, a velo exclamou: ''Velaí un fermoso príncipe''.
Liña 33:
* [[Catarina de Austria|Catarina]] ([[Torquemada]], [[1507]] - [[Lisboa]], [[1578]]). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei [[Xoán III de Portugal]].
 
Nos [[Países Baixos borgoñóns]] (Bélxica, Holanda e Luxemburgo) actuou como un administrador competente e un soberano popular e amado, que soubo unir os intereses dos seus diversos territorios, demostrando especial talento para planear reformas e para dar tranquilidade e paz logo de anos de turbulencias políticas.
 
Mortos os infantes Juan ([[1497]]) e Isabel ([[1498]]), así como o fillo desta última, o infante Miguel ([[1500]]), a súa esposa convértese na herdeira de Castela e [[Aragón]]. Morta a raíña [[Isabel a Católica]] (1504), ábrese o problema da sucesión nos reinos casteláns. Pola [[Concordia de Salamanca]] ([[1505]]), acórdase o goberno conxunto de Filipe, [[Fernando o Católico|Fernando de Aragón]] e a propia Xoana. Porén, as malas relacións entre el (apoiado pola nobreza castelá) e o seu sogro, o rei Fernando o Católico, obrigaron a este a renunciar ao poder en Castela para evitar un enfrontamento armado. Pola [[Concordia de Villafáfila]] ([[1506]]), Fernando retírase aos seus estados de Aragón, como rei, e Filipe é proclamado rei de Castela. Hai pois catro monarquías na península neste momento: Portugal, Navarra, Castela-León, Aragón.
Liña 39:
Entre tanto, Xoana mostra visos de [[loucura]], segundo algúns polos celos que lle producían as infidelidades do marido, polo que sentía un amor tan apaixonado como pouco correspondido. Aínda que as [[Cortes de Castela]] reunidas en [[Valladolid]] se negaron a declarar a incapacidade da raíña Xoana, Filipe I exerce o poder efectivo sen contar con ela. Tradicionalmente ténselle censurado polo favoritismo que demostrou polos seus conterráneos flamengos, así como por repartiren dádivas e prebendas entre os nobres casteláns para buscar o seu apoio; mais é posíbel que iso respondese a unha estratexia dirixida a afianzar o poder real e a pór couto as inxerencias de seu sogro nos asuntos casteláns. A figura que atinxira maior preeminencia no seu breve goberno (mais non ata consideralo un [[valido]]) foi un escuro nobre, o [[Señorío|señor]] de [[Belmonte, Cuenca|Belmonte]], de nome [[Juan Manuel, señor de Belmonte|Juan Manuel]].
 
En xuño de 1506 desembarcou coa súa muller na [[A Coruña|Coruña]] para dirixirse á [[Pobra de Sanabria]] a reunirse co seu sogro, pasando a noite do día 15 na vila da [[A Gudiña|Gudiña]]. A súa morte, que ocorreu na burgalesa Casa del Cordón, foi tan súbita que correu o rumor de que seu sogro o envelenara. Segundo parece mentres se encontraba Filipe en Burgos, xogando aos [[birlos]], tras a partida, suando aínda, bebeu abundante auga fría, a consecuencia do cal caeu enfermo con alta febre e morreu uns días despois. Porén, os investigadores máis recentes e autorizados atribúen a súa morte á peste. O falecemento do monarca acrecentou a suposta loucura da raíña Xoana.
 
[[Fernando o Católico]] aproveitou o débil estado mental da súa filla para encerrala no pazo de [[Tordesillas]] (Valladolid), do que xa no sairá ata a súa morte, para converterse en [[Rexencia|rexente]] dos reinos castelán-leoneses.
 
{{Start box}}