Queimada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Conxuro ou esconxuro: Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 1:
{{outroshomónimos}}
[[Ficheiro:Queimada Galicia 4.jpg|dereita|250px|miniatura|Queimada ardendo.]]
A '''queimada''' (de queimar, que se supón que evolucionou a partir dunha forma hispánica *''caimare'', alteración do [[Lingua latina|latín]] ''cremare'')<ref>{{Cita web|url=http://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/queimada/|páxina-web=Portal das Palabras|título=Queimada|data-acceso=15 de agosto de 2016}}</ref> é unha bebida alcohólica tradicional galega propia da [[Gastronomía de Galicia|súa gastronomía]]. Elabórase a base de augardente queimada, con azucre, grans de café e limón. Atribúenselle facultades curativas,<ref name="GonzálezReboredo" >[http://consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/etnicidade.pdf/]
{{cita libro
| autor =González Reboredo, Xosé Manuel
Liña 30:
Nun pote de barro cocido (hainos especiais para a queimada) bótanse a augardente e o azucre na proporción duns 120 gramos deste por litro daquela, os demais ingredientes e reméxese todo.
 
Nun recipiente máis pequeno (normalmente o cazo co que se remove) cóllese, á parte, unha pequena cantidade de queimada, sen limón nin café, móllanse os bordos do cucharóngarfelo coa bebida e préndeselle lume. Cando estea ardendo, métese o cazo no recipiente grande ata que se estenda por toda a superficie. A continuación reméxese lentamente, deixando que suban as [[Lapa (química)|lapas]] do [[alcohol]], creando cascadas con elas. Reméxese ata que se esgota case que todo o alcohol, facendo que a queimada se apague case por si soa, normalmente rematando polos bordos, que non se apagan. É cara ó final deste proceso cando se recita o esconxuro.
 
A queimada sérvese quente, incluíndo todos os ingredientes.