Armada Inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 7:
O obxectivo de Isabel I era aproveitar a debilidade temporal de España despois da derrota da Armada Invencible, e obrigar a [[Filipe II de España|Filipe II]] a aceptar os seus termos de paz. Isto pensábase conseguir queimando a frota española do [[Océano Atlántico|Atlántico]], desembarcando en [[Lisboa]] para causar unha revolta [[Portugal|portuguesa]] contra Filipe II, e finalmente establecendo unha base permanente nas [[Illas Azores]]. De conseguirse o terceiro obxectivo, tentaríase roubar os tesouros da [[frota de Indias]] na súa ruta a [[Cádiz]]. Ningún do tres obxectivos conseguiuse.
 
Do mesmo xeito que a súa predecesora española, a Armada Inglesa sufriu de exceso de optimismo, posiblemente influenciado polo exitoso [[Expedición de Drake de 1587|ataque a Cádiz de Drake]] en [[1587]]. Aínda así, o plan principal consistía en destruír a frota española do Atlántico, nas súas bases da [[A Coruña|Coruña]], [[Donostia]] e [[Santander]].
 
A expedición foi pagada por unha compañía con accións, cuxo capital era de 80.000 libras. Do capital, un cuarto pagouno a raíña, un oitavo o goberno [[Países Baixos|holandés]] e o resto varios nobres, mercadores e gremios. Diversas preocupacións loxísticas, unidas ao mal tempo, atrasaron a saída da frota. Outros problemas inclúen que os holandeses non proporcionaron os barcos de guerra que prometeran, que o atraso causou que se consumise un terzo das provisións, que só había 1.800 soldados veteranos fronte a 19.000 voluntarios, e que non levaban armas para cercar nin cabalaría. Isto expón dúbidas sobre as verdadeiras intencións da xente a cargo da expedición.
Liña 16:
A maioría dos barcos perdidos por España coa Armada Invencible eran barcos mercantes, e o núcleo da armada (os [[galeón]]s españois) foran capaces de chegar a España sen demasiadas perdas, onde foron reparados. O retardo na saída, unido ao temor de atorarse no [[Mar Cantábrico|Cantábrico]], fixo que Drake preferise non atacar [[Santander]], onde levaban a cabo a maioría das reparacións. No seu lugar, atacou [[A Coruña]]. Norreys tomou a cidadela baixa, matando 500 españois, e Drake destruíu algúns barcos menores, pero foron finalmente rexeitados. Na loita destacouse [[María Pita]].
 
O seguinte paso era fomentar o levantamento portugués. A aristocracia portuguesa aceptara a Filipe II como rei de Portugal en [[1580]]. O pretendente, o [[Antonio I de Portugal|Prior de Crato]], non sendo capaz de establecer un goberno no exilio, pediu axuda a Inglaterra. Isabel aceptou axudalo, co obxectivo de diminuír o poder de España en Europa e de abrir as rutas comerciais ás Indias.
 
O Prior de Crato, herdeiro final da [[Casa de Avis]], non era un candidato demasiado bo: carecía de carisma, a súa causa estaba comprometida por falta de lexitimidade e tiña un opoñente mellor visto polas cortes portuguesas, [[Catalina de Portugal (1540-1614)|Catalina, Duquesa de Bragança]]. Norreys chegou a [[Lisboa]], defendida por unha garda pouco afecta a Filipe, pero o levantamento non ocorreu e Lisboa non chegou a ser tomada. Ao chegaren os ingleses a Lisboa, a súa situación era dramática porque carecían de medios para forzar a súa entrada na capital. Faltáballes pólvora e municións, non tiñan cabalos nin canóns e esgotaran os alimentos.
 
O [[30 de xuño]] Drake capturou unha frota de barcos comerciais [[hanseáticos]], que romperan o bloqueo inglés rodeando as illas por [[Escocia]]. Pero non serviu para sufragar os gastos da expedición porque para acalar as protestas das cidades da Hansa, eses navíos tiveron que ser devoltos coas súas mercadorías aos seus lexítimos propietarios.
 
Essex recibiu orde de Isabel de volver á corte. Perdida a vantaxe da sorpresa inicial, coa frota reducida polas tormentas e a tripulación cada vez máis cansa e afectada por enfermidades (só quedaban 2.000 homes capaces de loitar), decidiuse que o obxectivo de formar unha base permanente nos Azores non era posible. Norreys volveu a Londres en tanto que Drake trataba en balde de roubar os tesouros da Frota de Indias. Tras outra tormenta, Drake saqueou Porto Santo en [[Arquipélago de Madeira|Madeira]], e xa de volta detívose nas rías baixas de [[Galicia]] para arrasar a indefensa vila de [[Vigo]], tras o cal volveu a Londres fracasando absolutamente en todos os obxectivos maiores da expedición.
Liña 28:
== Consecuencias ==
 
A expedición da "Contraarmada" aínda hoxe é considerada como un dos maiores desastres da historia naval da Gran Bretaña, só superado pola derrota sufrida no [[Sitio de Cartagena de Indias (1741)|sitio de Cartagena de Indias]]. Dos máis de 23.000 homes que a formaron, haberá que descontar os 3.000 que fuxiron ao saír de Plymouth e os 2.000 que desertaron ao partir da Coruña, que fan un total de 5.000. Pois ben, dos 18.000 que nos quedan, segundo o historiador británico M. S. Hume, só 5.000 regresaron vivos a Inglaterra. É dicir, máis do 70 por 100 dos expedicionarios faleceron na empresa. Entre a oficialidade, as baixas mortais tamén foron moi altas: o [[contraalmirante]] [[William Fenner]], oito coroneis, decenas de capitáns e centenares de nobres voluntarios morreron naquela empresa. A estas perdas hai que engadir a destrución ou captura polos españois de polo menos doce navíos, e outros tantos se afundiron por temporais na viaxe de regreso.
 
Ademais de perder a oportunidade de atacar a frota española en horas baixas, os custos da expedición esgotaron o tesouro real de Isabel, recuperado durante o seu longo reinado. Entre os canóns capturados na Coruña, os abastecementos e outras mercadorías de variada índole confiscadas en [[Galicia]] e en [[Portugal]], o total de botín non alcanzaba as 29.000 libras. Tendo en conta que o investimento superara as 160.000 libras, o negocio non podía ser máis ruinoso. A [[guerra anglo-española de 1585-1604|guerra anglo-española]] foi moi custosa para ambos os países, até o punto de que España tivo que declararse en bancarrota en [[1596]], tras outro ataque a Cádiz.
 
[[Francis Drake]] quedou condenado a un case total ostracismo tras o fracaso. Morreu en [[1595]] en combates con españois no [[mar Caribe|Caribe]].
 
Despois da morte de [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]] ([[1603]]) e a chegada ao trono de Xacobo VI de Escocia e I de Inglaterra (rei de Escocia e fillo de María Estuardo) en [[1603]], este fixo todo o posible por rematar a guerra. A paz chegou en 1604, no [[Tratado de Londres (1604)|Tratado de Londres]] a petición inglesa, xa que non podían soster máis os custos dun conflito que foi moi lesivo para a economía británica.
 
Tras a paz, España refixo a súa frota, que rapidamente incrementou a súa supremacía marítima até extremos superiores aos de antes da Armada Invencible. A dita supremacía durou case 50 anos máis até a [[Batalla das Dunas (1639)|Batalla naval das Dunas]]. Inglaterra foi capaz de consolidar a súa soberanía en [[Irlanda]], ademais de establecer colonias en América do Norte.
Liña 40:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Winston Graham, ''The Spanish Armadas'' (reprint, 2001) pp. 166ff. ISBN 0-14-139020-4
* O relato máis detallado, unha epístola dun participante na expedición, publicouse en 1589: ''A true Coppie of a Discourse written by a Gentleman, employed in the late Voyage of Spain and Portingale...'' O seu obxectivo era restaurar o creto dos participantes.
 
=== Ligazóns externas ===