Chozos do Suído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Uso: Arranxos varios
Liña 7:
 
== Uso ==
Os ''chozos'' do Suído construíronos e eran usados polos pastores dos concellos de [[Avión]], [[Beariz]], [[A Lama]], [[Fornelos de Montes]], [[Ribadavia]] e [[Covelo]] de xuño a setembro cando se subía o gado para o aproveitamento dos pasteiros (''sesteiros'') de alta montaña durante o estío. O pastoreo foi nesta zona unha das técnicas de supervivencia máis empregadas. Segundo a época cumpría procurar bos pastos, mais a escaseza de vías de comunicación e as grandes distancias que os pastores percorrían facían que pasaran longas tempadas lonxe do fogar. Cada aldea tiña a súa coutada para o pasto. Os chozos servían de acubillo para facer noite no monte, abeiraban das neves, as treboadas e a choivas; tiñan ademais todo tipo de instalacións como [[lavadoiro]]s, [[fonte (arquitectura)|fontenlas]] e lareiras formando un grupo humano de varios moradores cunha grande actividade. Na lareira facíase lume para se quentaren e para facer o xantar, tiñan ademais bancos corridos, lacenas e fornelas onde gardar a roupa. O leito arranxábase no chan feito con [[xesta]]s, [[Toxo arnal|toxos]] e [[fento]]s. A temperatura no interior é fresca e agradábel polo illamento das grosas paredes de cachotes e a cuberta de lousas recuberta de carrizas e mofos. Nas lousas exteriores ou nos bloques do interior adoita haber inscricións cos nomes dos pastores que facían gardas no verán.
 
== Chozos existentes en Avión ==