Espada (esgrima): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: de:Degen (Waffe) (strong connection between (2) gl:Espada (esgrima) and de:Degen)
m →‎Regras: Arranxos varios
Liña 13:
 
==Regras==
Ao igual có florete, a espada é unha arma de cravar, é dicir, para que o punto sexa válido é necesario que a punta da arma impacte contra o opoñente. Porén, a diferenza del, a espada pode petar contra todo o corpo do opoñente, incluída a [[máscara]], e non só sobre o tronco coma o florete.
 
Ademais, cando un tirador peta no contrincante recibe punto, indepdentemente de quen teña a prioridade ou de quen atacase antes, como si acontece no florete. Tamén está permitido o dobre punto, cando os dous atacantes se golpean entre si cunha diferenza de 40 milésimas de segundo, agás na [[esgrima]] que se practica no [[péntatlon moderno]], onde non se considera válido ningún dos impactos.
 
Para que o tanto sexa electronicamente computado, a punta da espada ten que estar impactando durante un tempo entre 2 e 10 milésimas de segundo, e cunha forza de 7,35 [[newton]]s (o equivalente a 750 gramos/forza), o que supón un impacto lixeiramente maior có do florete, para o que só cómpren 4,9 newtons. Todos os impactos son válidos, agás os efectuados contra superficies e obxectos non condutores, como as superficies de metal da arma do contrincante. De feito, as probas internacionais despútanse sobre pistas non condutoras para evitar impactos e puntos contra o chan. Estes impactos prodúcense por erro, cando un esgrimista tenta petar no [[Pé (anatomía)|pé]] do seu rival e erra. Nese caso, simplemente esquécese o problema. Pero cando iso se produce de forma deliberada penalízase o deportista que actúa así.
 
[[Categoría:Esgrima]]