Edda prosaica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 22:
| seguido por =
}}
A '''''Edda prosaica''''', coñecida tamén como '''''Edda menor''''' ou a '''''Edda de Snorri''''' é un manual de poética [[Islandia|islandés]] escrito por [[Snorri Sturluson]] que contén moitas historias da [[mitoloxía nórdica]]. O seu propósito foi permitir ós poetas e lectores islandeses entender a sutileza do verso aliterativo, e comprender o significado agochado dos moitos ''[[kenningar]]s'' que eran empregados na [[poesía escáldica]].
 
== Contido ==
Foi escrita arredor do ano [[1220]] e sobreviviu en sete manuscritos principais, escritos entre o 1300 e o 1600.
 
A Edda prosaica contén tres seccións diferentes: ''[[Gylfaginning]]'' (preto de 20.000 palabras), ''[[Skáldskaparmál]]'' (50.000 palabras) e ''[[Háttatal]]'' (20.000 palabras). Ademais ten unha introdución chamada ''[[Bragarædur]]''.