Haplorrhini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 25:
Os '''haplorrinos''' (''Haplorrhini''), do [[Idioma grego|grego antigo]] ἁπλῶς ''haplôs'', "simple", e ῥίς ῥινός ''rhís, rhinós'', "nariz"), son unha ampla [[orde (bioloxía)|suborde]] de [[primates]] entre os que se inclúe o ser humano. Chámanse así porque carecen dunha membrana ao redor do [[rinario]] (zona de pel sen pelo que existe ao redor das fosas nasais dalgúns mamíferos) e de [[vibrisas]] no fociño, ao contrario que os primates [[estrepsirrinos]] (''Strepsirrhini''), como os [[lémures]]. Estas dúas características aparecen tamén en moitos outros [[mamífero]]s: [[rata]]s, [[can]]s etc. O rinario adoita estar dividido verticalmente en dúas seccións e hai autores que consideran o suco de debaixo do nariz dos haplorrinos un vestixio desta segmentación.
 
Todos os haplorrinos posúen un [[útero]] de cámara única, fóra diso os [[tarsios]], que posúen útero bicorne como os estrepsirrinos. Adoitan parir unha única cría e o tempo que pasan con ela é máis longo que o dos estrepsirrinos. O corpo ademais tende a ser máis grande que en aqueles, e posúen un diámetro cerebral maior e unha visión máis desenvolvida, distinguindo cores e chegando a ser case todos diúrnos.
 
== Clasificación e evolución ==