Vladimiro I de Kíiv: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
viquingo
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Liña 34:
 
== Nome ==
De acordo coa ''[[Crónica de Néstor]]'', a crónica máis antiga da [[Rus de Kiev]], o seu nome real era '''Volodímer''' (en ruso antigo: Володимеръ).
 
Dependendo do idioma este nome pode ter variacións: en [[lingua ucraína|ucraíno]] moderno Володимир, en [[lingua rusa|ruso]] moderno Влади́мир, en [[nórdico antigo]] ''Valdamarr'' e en [[Linguas nórdicas|nórdico]] moderno ''Valdemar''.
 
== Chegada ao trono ==
Era fillo do príncipe [[Sviatoslav I de Kiev|Sviatoslav I]] e de [[Malusha]],<ref>The New England Historical and Genealogical Register (1846-), Boston, Massachusetts: New England Historic Genealogical Society, 1846-), FHL book 974 B2ne; CD-ROM No 33 Parts 1-9; See FHL., vol. 150 p. 427, 32.</ref> unha escrava descrita nas lendas como profetisa que viviu até os 100 anos e que fora levada ao palacio desde a súa cova para predicir o futuro. O irmán de Malusha, Dobrynya, foi o tutor de Vladímir e o seu gran conselleiro.
 
Sviatoslav designou a Vladímir como gobernante de [[Nóvgorod]], mentres que a [[Iaropolk]], o seu fillo lexítimo, deulle [[Kiev]]. Despois da morte de Sviatoslav no ano [[972]] desatouse unha guerra entre Iaropolk e os seu irmán menor [[Oleg]], rexente de [[Drevlinia]], a terra dos drevlianos.
 
O ano [[977]] Vladímir visitou a [[Haakon Sigurdsson]], gobernante de [[Noruega]], e recrutou a maior cantidade de guerreiros [[viquingo]]s que puido para que o axudasen a recuperar Nóvgorod. Ao ano seguinte, marchou contra Iaropolk. No seu camiño a [[Kiev]], enviou embaixadores a Rógvolod, príncipe de [[Polotsk]], para pedirlle a man da súa filla Rogneda. A princesa rexeitou casar con el, pero Vladímir atacou Polotsk e tomou a Rogneda á forza.
 
Polotsk resultou un lugar clave, xunto con [[Smolensk]], para a toma de Kiev no ano [[980]]. Foi coroado o [[11 de xuño]] dese ano como [[República de Nóvgorod|Príncipe de Nóvgorod]]. Vladímir acusou a Iaropolk de traizón e, no mesmo ano de 980, despois da súa vitoria sobre a ''rus sur'' de Iaropolk,<ref> [http://www.katolsk.no/biografier/historisk/vladimi1 Den hellige Vladimir av Kiev (~956–1015)], en Katolske Kirke (en noruegués).</ref> fíxoo asasinar, e violou á súa muller Xulia (quen traeria ao mundo pouco tempo despois un fillo, [[Sviatopolk I|Sviatopolk]], oficialmente fillo de Iaropolk, aínda que certas fontes afirman que sería en realidade fillo de Vladímir).
 
Comezou o seu son reinado cunha serie de campañas vitoriosas contra os estados veciños (incluíndo os [[Polonia|polacos]] e os [[Bulgaria|búlgaros]] do [[río Volga|Volga]] ([[musulmán]]a) e o [[11 de xuño]] de [[980]], foi proclamado [[Rus de Kiev|príncipe da Rus de Kiev]] ''Gran príncipe de Kiev''.
Liña 53:
Xa como rexente do principado, Vladímir continuou expandendo os seus territorios. No ano [[981]] conquistou numerosas cidades situadas no que hoxe é a [[Galitzia|Galicia ucraína]]. E no ano [[983]] tomou o control da zona que se encontra entre [[Lituania]] e [[Polonia]], ademais de construír moitas fortalezas e colonias ao redor do seu reino.
[[Ficheiro:Vasnetsov Bapt Vladimir.jpg|miniatura|280px|"O Bautismo de San Vladimiro"<br />por [[Viktor Vasnetsov]].]]
A pesar de que o [[cristianismo]] xa gañara moitos adeptos, Vladímir permaneceu como [[Paganismo|pagán]], chegando a ter até 800 concubinas e numerosas esposas,<ref>{{cita libro|apelido=Franklin|nome=S|apelido2=Shepard|nome2=J.|título=The Emergence of Rus 750-1200|ano=1998|páxinas=190|editorial=Longman|isbn=978-0582490918|idioma=inglés}}</ref> erixindo estatuas e templos pagáns. Porén, por consello dos seus achegados, enviou a varios emisarios a estudar as relixións de varios dos países veciños que lle pediran que se unise ás súas respectivas relixións. Finalmente, no ano [[988]] converteuse ao cristianismo, e iniciou a cristianización da [[Rus de Kiev]], debido ao marabillados que quedaron os seus emisarios ao llegar a [[Constantinopla]] e ver os festivais que a [[Igrexa Ortodoxa|Igrexa bizantina]] preparara para eles.
 
No mesmo ano de 988, negociou a man da irmá do emperador [[Basilio II]], Ana Porfiroxéneta. Foi a primeira voda realizada entre unha princesa grega e un pagán, para o cal Vladímir foi bautizado antes de poder formalizar o matrimonio. O bautizo e o matrimonio producíronlle grandes cambios no seu carácter. Ao seu regreso a [[Kiev]], derrubou todos os monumentos pagáns e construíu numerosas igrexas, entre elas a [[Igrexa dos Dezmos|Igrexa da Dormición da Virxe]]. Foi a primeira igrexa de pedra de Kiev, e ordenou a súa construción entre [[989]] e [[996]] por traballadores bizantinos e autóctonos para conmemorar o [[bautismo]] da [[Rus de Kiev]].
 
Porén, existe outra versión sobre a conversión de Vladímir ao cristianismo. No ano [[987]], [[Bardas Skleros o Mozo]] e [[Bardas Focas]] rebeláronse contra o emperador Basilio II. Os dous rebeldes uniron as súas forzas por un tempo, pero pouco despois Bardas Focas autoproclamouse emperador. Basilio pediu á Rus de Kiev axuda, aínda que nesa época se consideraban inimigos. Vladímir accedeu a cambio da man da súa irmá, e aceptou converterse ao cristianismo. Cando os preparativos para a voda terminaron, Vladímir enviou a 6.000 efectivos das súas tropas [[varegos|varegas]] (vikingas) ao [[Imperio bizantino]], que puxeron fin á revolta.<ref name="arabe">''Histoire de Yahya-Ibn-Said d'Antioche Continuateur de Sa'id-Ibn-Bitrik'' (texto árabe e francés) editado e traducido por I. Kratchkovsky e A. Vasilev, ''Patrologia orientalis'' ed. por R. Graffin e F. Nau, XXIII, Paris, 1932.</ref>.
 
Despois do seu matrimonio con Ana, formou un gran consello cos seus máis próximos conselleiros, además de cos seus 11 (ou 12) fillos que tivo coas súas esposas e concubinas.
 
Vladímir morreu en Beréstovo (Kiev). Foi enterrado na Igrexa dos Décimos que el edificara. O seu corpo foi despois desmembrado e distribuído ente as súas numerosas fundacións sagradas e venerado como reliquia.
 
Considerado o principal fundador da ''Santa Rusia''', tamén é un personaxe recorrente nas ''bilinas'' (былина) [[rusia|rusas]], [[Epopea|poemas épicos]] tradicionais, na poesía [[Heroe|heroica]] dos [[eslavos]] orientais da [[Rus de Kiev]], continuando a tradición en [[Rusia]] e [[Ucraína]]. Nestes poemas épicos repeséntase xeralmente como soberano xusto e respectado polos seus súbditos, á imaxe das lendas [[celtas]] do [[rei Arturo]].
 
Segundo a ''[[crónica de Néstor]]'', {{cita|''Vladímir deixouse levar polo amor das mulleres... porque era vicioso como Salomón''}}. O bispo alemán Thietmar describiuno como ''fornicator immensus et crudelis'', mentres que os cronistas refíerense aos centenares de concubinas que gardaba no seu palacio de Vishgorod.
Liña 166:
* En [[1957]], a [[Igrexa ortodoxa|Igrexa ortodoxa rusa]] fondou a ''Orde do Santo grande-príncipe Vladímir''.
* Un golfo do [[mar do Xapón]], na rexión rusa do [[Krai de Primorie]] (capital [[Vladivostok]]), denomínase ''baía de Vladímir''.
* E o Seminario Teolóxico [[Igrexa ortodoxa|Ortodoxo]] de San Vladimiro está localizado en [[Estados Unidos]].
 
 
 
{{Sucesión
Liña 177 ⟶ 175:
|período = [[978]] - [[1015]]
|sucesor = [[Sviatopolk I de Kiev|Sviatopolk I]]}}
 
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==