Judo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: de Xapón → do Xapón (2)
Liña 23:
== Historia ==
=== Desenvolvemento ===
A sociedade feudal dedo Xapón estaba dividida en clases, comas as dos guerreiros, agricultores ou comerciantes. Nese ambiente, a clase guerreira ocupábase, entre outras tarefas, da seguridade interna e externa, polo que se detiña en estudar as varias modalidades de combate, con e sen armas. Xurdiron entón diversas modalidades de loita, ''[[kenjutsu]]'' (arte da espada), ''[[iaijutsu]]'' (arte de sacar a espada), ''[[naginatajutsu]]'' (arte da lanza ''[[naginata]]'') e outras. Nese momento xurdiu o ''jujutsu'', ou "arte suave", que durante a historia do Xapón recibiu moitos e variados nomes, coma ''wajutsu'', ''kumiuchi'', ''yawara'', ''taijutsu'' etc., todos para se referir á loita desarmada contra un ou máis opoñentes, que portasen armas ou non, e que era chamada "arte suave" porque se practicaba sen armas, é dicir sen a rixidez das armas.<ref name="Kodokan">{{Cita libro|lingua=inglés|título=Kodokan Judo|nome=Jigoro|apelidos=Kano|páxina=15|localización=New York|editor=Kondansha|ano=1994}}</ref>
 
O ''jūjutsu'' desenvolveuse como unha das artes que os [[samurai]]s debían dominar, porque no campo de batalla un guerreiro podía verse sen a súa espada, e debería ser capaz de seguir loitando co inimigo. Os samurais estaban sempre baixo o mando dun xefe, un ''[[daimyō]]'', o que deu lugar a que, así como existían varios xefes, chegasen a existir varias familias ou clans. E neses clans todas as artes marciais evolucionaron de forma máis ou menos independente, nacendo así as varias escolas, ou ''[[koryu|koryū]]'' ({{lang|ja|古流}}, escola vella), que ensinaban todas as formas de combate.
Liña 81:
En [[1909]], Jigoro foi convidado polo embaixador xaponés en [[Francia]] para ser membro do [[Comité Olímpico Internacional]], pois o mesmo [[Pierre de Frédy|Barón de Coubertin]], creador dos Xogos Olímpicos modernos, pedira ao embaixador que atopase unha persoa apropiada.
 
En [[1911]], como resultado dos esforzos de preparación do Xapón para a primeira participación nos [[Xogos Olímpicos de 1912]], foi fundada a Asociación Atlética Nacional dedo Xapón, con Jigoro Kano como presidente. Nese posto, traballou para reunir un equipo xaponés e convidou atletas de todo o país.
 
O judo entrou como deporte de competición nos [[Xogos Olímpicos de 1964]].<ref name="ref6"/><ref>{{Cita web|url=http://web-japan.org/kidsweb/virtual/judo/judo01.html|dataacceso=18 de marzo de 2014|título=The History of Judo|lingua=inglés}}</ref>