Grupo Nós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=xuño de 2015}}
{{Outroshomónimos|Nós}}
O '''grupo Nós''' foi un colectivo de intelectuais ourensáns, constituído legalmente en [[1921]], que lle deu á cultura galega unha altura intelectual que xamais tivera,{{Cómpre referencia}} principalmente no que se refire á renovación da [[prosa]] e do [[ensaio (literatura)|ensaio]], así como ao seu cosmopolitismo.{{Cómpre referencia}}
 
==Historia==
Liña 8:
O primeiro número da revista ''Nós'' comeza coas "Primeiras verbas", un artigo colectivo onde se aprecian varios dos propósitos deste grupo xeracional: a chamada da terra ([[Galiza]]), a dignificación da cultura galega, o carácter universalista. Todos estes trazos estarán presentes nas obras destes escritores.
 
A peripecia ideolóxica dos homes do grupo Nós aparece excelentemente reflectida na novela de Ramón Otero Pedrayo ''[[Arredor de si]]'' ([[1930]]) e no ensaio de Vicente Risco ''Nós, os Inadaptados'' ([[1930]]). Os escritores deste grupo (agás Alfonso Daniel Rodríguez Castelao) parten dunha total falta de apego polas súas raíces, derivado da busca do cosmopolitismo. Mais, conforme avanza o tempo, a partir de experiencias que funcionarán a modo de catarse, caerán na conta da importancia da cultura propia, posto que esta é a que distingue uns individuos dos outros (conciben o enxebrismo como o propio ser de [[Galiza]]). Por isto, chegarán á conclusión de que só se pode ser universal partindo do propio. Derivado disto, todos eles aceptarán o [[galeguismo (política)|galeguismo]] como doutrina ideolóxica.
 
Por outra parte, este grupo de autores presenta unha particular problemática no que á súa denominación respecta. En ''De Pondal a Novoneyra'' ([[1984]]), [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] refírese a el como grupo xeracional. Tense falado de grupo Nós, xeración Nós e incluso [[Anxo Tarrío]] fala dunha época Nós.
Liña 16:
*As datas de nacemento dos escritores deben darse nun período máximo de 15 anos: todos os autores de Nós nacerán na década de [[1880]], o cal lles fará compartir unha serie de elementos e inquedanzas comúns. Alén disto, entran xuntos na vida cultural.
*Igualdade de elementos formativos: todos eles teñen estudos universitarios.
*Existencia de trato persoal entre os escritores: no caso de Nós tanto é así, que todos eles pertencen ás [[Irmandades da Fala]] e colaboran nas mesmas [[revista]]s e [[Xornal|xornais]], alén de no [[Seminario de Estudos Galegos]].
*Os escritores deben ser impulsores dunha nova forma de expresión: neste caso, estamos a falar dos renovadores da prosa galega e dos creadores do ideal de que o galego é válido para calquera uso.
*Ruptura coas xeracións anteriores: os homes de Nós romperon coa literatura de inspiración decimonónica e puxeron o noso sistema literario á altura dos europeos.
Liña 27:
*Vocación pedagóxica: a cal encaixa co afán pedagóxico das Irmandades da Fala.
 
Mais, tendo en conta todo isto, que é o que motiva a moitos estudosos a pensar que este grupo non é unha xeración? A resposta podería resumirse cun único nome: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Castelao é o único destes escritores que non procede dunha clase social fidalga ou pequeno-burguesa, polo que tería (segundo algúns autores) unha certa desvantaxe con respecto aos seus compañeiros á hora de adquirir unha boa formación (tería máis dificultades para viaxar, para conseguir unha boa biblioteca privada e para coñecer idiomas). Alén disto, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é único membro deste grupo que non parte dunha desvinculación total da cultura galega.
 
De todos os xeitos, sexa Nós un grupo ou unha xeración, o que si está claro é que se trata dun colectivo de intelectuais de vital importancia dentro da [[literatura galega]],{{Cómpre referencia}} posto que (entre outras cousas) renovaron a prosa galega, ampliaron o número de xéneros cultivados en galego e exerceron o seu maxisterio sobre os autores da [[Xeración de 1925]] e da [[Xeración de 1936]].
 
==Galería de imaxes==
Liña 46:
 
{{Nacionalismo galego}}
[[Categoría:LiteraturaGrupo Nós| galega]]
 
[[Categoría:Literatura galega]]