Cósmido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
* un sitio de clonación,
* un, ou máis recentemente dous, sitios ''cos'' derivados do fago lambda.
Os cósmidos poden transportar xenes de 37 a 52 [[par de bases|kb]] (xeralmente 45) de ADN, cando o normal noutros plásmidos é transportar só de 1–20 kb. Poden [[replicación do ADN|replicar o seu ADN]] como calquera outro plásmido se teñen unha orixe de replicación axeitada: por exemplo a orixe [[SV40 ori]] en células de mamíferos, ou [[ColE1 ori]] para a replicación de ADN bicatenario ou [[f1 ori]] para a replicación de ADN monocatenario en [[procariota]]s. Con frecuencia conteñen tamén un xene usado para a súa selección, como un xene que lles dá [[resistencia a antibióticos|resistencia]] aos [[antibiótico]]s, por medio do cal poden ser identificadas as células nas que se produciu a transfección (incorporaron o cósmido) facéndoas crecer nun medio que conteña o antibiótico. As células que non incorporaron o cósmido non terán resistencia e morrerán en presenza do antibiótico.
 
A diferenza dos plásmidos, os cósmidos poden ser empaquetados en [[cápsida]]s de [[fago]]s, o que permite que os xenes alleos sexan transferidos ao interior ou entre as células por [[transdución xenética|transdución]] realizada polo fago. Os plásmidos vólvense inestables cando se lles insire unha cantidade de ADN non moi grande, porque o seu aumento de tamaño fai que sexan máis susceptibles á [[recombinación xenética]]. Pero a transdución con fagos evita isto. Aínda que o cósmido se empaqueta na cápsida do fago en forma linear, este, unha vez dentro da bacteria, recircularízase grazas aos seus "extremos cohesivos", tamén chamados sitios ''cos''. Deste modo, usar cósmidos é similar a usar o fago lambda como vector, pero coa diferenza de que todos os xenes de lambda foron eliminados coa única excepción da secuencia ''cos'' <ref>*Bruce A. Voyles (2002) ''The biology of viruses'' 2nd ed. ISBN 0-07-237031-9</ref>.