José de Espronceda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *octava
Liña 30:
 
== Obra ==
Durante a súa estancia no mosteiro, alentado polo seu mestre, comezou a escribir o poema histórico ''El Pelayo'' en [[octavaoitava real|octavasoitavas reais]], que deixou inacabado. Máis tarde escribiu a [[novela histórica]] ''Sancho Saldaña o el castellano de Cuéllar''. En [[1840]] escribiu un tomo de ''Poesías'' que tivo grande éxito e repercusión. A compilación inclúe temas coma o pracer, a [[liberdade]], o amor, o desengano, a morte, a patria, a tristeza, a dúbida ou a protesta social.
 
Considérase a Espronceda o poeta [[Literatura española do Romanticismo|romántico español]] por excelencia a causa do seu talante byroniano. A súa [[poesía]] presenta ecos da de [[Lord Byron]], sobre todo nos seus dous poemas narrativos máis extensos: ''[[El estudiante de Salamanca]]'', sobre o tema do seductor don-xoanesco, que se pode considerar coma un acabado expoñente do xénero romántico [[lenda]]rio, considerado o mellor poema do seu xénero do século XIX, e o incompleto ''El Diablo Mundo'' ([[1841]]), heteroxéneo poema filosófico onde describe o home coma un ser de inocencia natural que sufre a realidade social e as súas maldades, no que se inclúe o famoso «Canto a Teresa», dedicado á súa amante [[Teresa Mancha]], unha das máis grandes elexías amorosas. Tamén escribiu gran cantidade de poemas curtos, que denominó ''Canciones'', destacando como o máis coñecido a «[[Canción del pirata]]»; tamén figuran «A Jarifa en una orgía», «El verdugo», «El mendigo», «El reo de muerte» ou a «Canción del cosaco», todos eles inspirados en personaxes marxinados ou excluídos da sociedade, co que por vez primeira aparece claramente formulado o tema social na [[lírica]] española. É tamén digno de mención o poema «Desesperación», obra que toma un ton catastrófico e gris, característico en parte da obra en xeral do poeta estremeño.