Kepa Junkera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
Retiro texto literario e encomiástico. Pura publicidade
Liña 13:
}}
 
'''Kepa Junkera Urraza''', nacido o [[10 de abril]] de [[1965]] en [[Bilbao]], [[Euskadi]], é un músico e compositor vasco. Mestre da [[trikitixa]], editou ata agora 13 álbums {{cando}}, gañando no 2004 o premio [[Grammy Latino]] ó Mellor ÁlbumeÁlbum Folk polo seu disco en directo '[[K (Kepa Junkera)|K]]'.
 
==Orixes==
Kepa Junkera exemplifica, actualizándoo, o carácter viaxeiro e aventureiro do [[pobo vasco]]. Como os vellos arrantzales (pescadores), conquistadores e misioneiros, o artista biscaíno despregou ó vento a vela do seu triki (acordeón diatónico) para viaxar polos cinco continentes ata converterse no músico máis internacional que deu Euskal Herria. A súa árbore xenealóxica máis cercana, o seu aitite (avó) e a súa ama, creceu forte e ben alimentada pola tradición da música en euskera, os bailes de romaría e os acordeóns e pandeiros aprendidos en grupos de danza de barrio. Do seu barrio, [[Rekalde]], ó que xa homenaxeou no primeiro disco, un traballo compartido editado en 1987 no que xa incluíu "Mugarik gabe", un instrumental clarividente que podería traducirse por "sen fronteiras". O rapaz xa o tiña claro por entón.
 
Tralo debut con ''Kepa, Zabaleta eta Motriku'', repleto de ritmos folk vascos (arin arin, fandangos, xotas...) pero que xa incluía composicións orixinais de Kepa, este músico autodidacta ampliou os horizontes dos seus gustos da música popular máis cercana ó jazz. Retirouse un pouco a txapela (boina) para ver máis lonxe, deixando para a historia os discos ''Triki up'' (1990) e ''Trikitixa Zoom'' (1991). Aínda que son tempos de aprendizaxe, xa por entón resultaba complicado seguir os veloces dedos de Kepa debuxando ritmos frenéticos sobre as teclas da triki.
 
Como tódolos músicos inquedos, o paso seguinte, ''Kalejira Al-Buk'' (1994), supón, co paso do tempo, toda unha curiosidade na súa avultada discografía, xa que os sons de raíz ábrense á electricidade de guitarras, baixos e teclados nunha especie de folk-rock con aportacións vocais en inglés e con entrada de músicos foráneos como [[David D. Passinghan]] e de reputados escritores e bertsolaris vascos como [[Jon Sarasua]], [[Andoni Egaña]] ou [[Edorta Jiménez]].
 
Kepa ía cumprindo os seus soños, desde coñecer ó seu admirado [[Iríbar]], porteiro do [[Athletic de Bilbao]], a colaborar regularmente cos seus admirados [[Oskorri]] ou gañar a Mostra de Folk Estatal para Novos Intérpretes. Os seus dous discos seguintes, ''Trans Europe Diatonique'' (1992) e o delicioso, acústico e sensible ''Lau Eskutara'' (1995), gravados xunto ó inglés [[John Krikpatrick]] e o italiano [[Riccardo Tessi]] no primeiro caso, e co mago das cordas portugués [[Julio Pereira]] no segundo, o poñen en contacto con artistas foráneos e o encamiñan a gravar a primeira das súas obras esenciais.
 
==Confirmación==
O seu traballo ''Bilbao 00.00 h'' (1998) converteuse nun fito polas vendas logradas desde un selo independente como ''Resistencia''. Ademais, obrigouno a coller a maleta semana si e semana non. É un disco dobre no que profesa o seu amor á cidade natal. "Bilbao..." é o disco da expansión internacional de Kepa nunha dobre vertente: a comercial e a artística. O álbum, que incluía o popeiro "Del Hierro a Madagascar", cantado por [[Pedro Guerra]], supón, ademais do seu salto definitivo á "world music", unha aperta solidaria e enriquecedora ós sons de medio mundo, de Canarias ó Mediterráneo, Québec, Centroeuropa, África, Portugal, Galicia, Irlanda...
 
Junkera puxo Bilbao no mapa nunha labor de promoción só comparable á realizada polo [[Museo Guggenheim Bilbao]]. A súa proxección continuou co traballo posterior, ''Maren'' (2001), dedicado a unha das súas fillas, xa gravado xunto a unha multinacional e que supuxo a confirmación internacional grazas ó ritmo contaxioso de cancións como "Bok-Espok" e "Ny Hirahira", onde o vasco alíase cos aires folk de Armenia, Bulgaria ou Albania. Con dous Discos de Ouro nas alforxas e unha nomeamento ós Latin Grammy Awards en 2002 por ''Maren'', Kepa empeza a ter o seu punto de residencia entre Biscaia e os hoteles de medio mundo. Calquera festival de world music dos cinco continentes que se prece seguro que contou con Junkera nos últimos anos, máis aínda trala edición de ''K'' (2003), disco en directo gravado no Teatro Arriaga, xunto ós seus amigos, que resume case dúas décadas de inqueda actividade musical e que lle reportou o ''Grammy Latino ó Mellor Álbume Folk'', e que lle permitiu publicar o primeiro DVD da súa carreira. O seu seguinte disco é ''Hiri'' (2006), unha nova viraxe, e viaxe incansable por varias cidades do mundo, pero que non fixo máis que comezar.
 
A música de Kepa foi usada pola Compañía Nacional de Danza para unha coreografía realizada polo seu director, [[Nacho Duato]]; o Museo do Viño de [[Olite]] nas súas visitas guiadas; múltiples cuñas de Radio Euskadi, ou en discos seleccionados por [[Pedro Almodóvar]]. Conta tamén cunha discografía compartida na que destacan os seus dúos co seu bo amigo [[Ibon Koteron]], co que gravou dous discos de recuperación do son ancestral da [[alboka]], o imprescindible ''Leonen Orroak'' (1996) e o máis recente ''Airea'' (2004), onde aportou a súa labor como compositor, intérprete e produtor, tarefa esta última na que cobrou recoñecemento en traballos de Oskorri e no lanzamento do dúo de txalapartaris que o acompañan en directo nos últimos anos, [[Oreka TX]], co seu disco ''Quercus Endorphina''.
 
==Colaboracións==
Junkera realiza tamén unha ampla labor como docente en Musikene, o Centro Superior de Música do País Vasco, que tivo como resultado ETXAK (Euskadiko Txalaparta Konpania), un proxecto para impulsar a [[txalaparta]] (instrumento rítmico vasco de madeira).
 
Especial resultou tamén a participación no disco ''Santiago'' (1996), dos irlandeses [[The Chieftains]], que foi galardoado co Grammy ó mellor Álbum de Folk; a súa experiencia xunto a unha orquesta sinfónica no Festival Folk de Getxo, en 1997, que foi gravada e que permanece inédita; a súa colaboración coa Banda Municipal de Bilbao.
Artista internacional, Kepa, malia o éxito, segue humilde e próximo, o que facilitou que se implicaran nos seus discos ou en proxectos compartidos músicos de todo estilo e condición, desde [[María del Mar Bonet]] a [[Justin Vali]], [[Hedningarna]], [[La Bottine Souriante]], [[Phil Cunningham]], [[Liam O´Flynn]], [[Oskorri]], [[Béla Fleck]], [[Carlos Núñez]], [[Voces Búlgaras]], [[Caetano Veloso]], [[Tontxu]], [[Andreas Wollenwaider]], [[Hevia]], [[Dulce Pontes]] ou, máis recentemente, o guitarrista [[Pat Metheny]], co que compartiu escenario no [[Festival de Jazz de Vitoria]].
 
Especial resultou tamén a participación no aclamado disco ''Santiago'' (1996), dos irlandeses [[The Chieftains]], que foi galardoado co Grammy ó mellor Albume de Folk; a súa valiente experiencia nunha única noite xunto a unha orquesta sinfónica no Festival Folk de Getxo, en 1997, que foi gravada e que permanece inédita nalgún dos seus caixóns; a súa colaboración coa Banda Municipal de Bilbao; e o seu recente e populista ''Athletic Bihotzez'' (2004), disco no que profesa devoción polo clube de fútbol dos seus amores nun corolario de himnos forofos, alegres, plurilingües e eclécticos compartidos con multitude de músicos, deportistas e personaxes da sociedade biscaína como ''Harrobiaz Harro'', que soa en [[Estadio de San Mamés|San Mamés]] en tódolos partidos e que lle reportó o premio ó Mellor Tema en Euskera nos Premios da Música de 2004.
 
A triki de Junkera, o "fol do inferno" para algúns debido ó seu son telúrico e ancestral, segue collendo ar e movendo corpos e emocións. A súa obra, en euskera pero aberta ó mundo, henchida de ritmos e aromas de múltiples culturas, é definitivamente cosmopolita e universal, aunque orgullosamente vasca.
 
==Discografía==