Cloaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
==Sistema e deseño==
Cada conexión pertencente a unha [[vivenda]] chámase ''[[acometida]]'' ou ''unión domiciliaria''. Comprende a [[canalización]] que vai dende o pozo de resalte ou dende a cámara de inspección final da vivenda até o colector. Tanto os colectores como as unións domiciliarias deben ser proxectadas con certo grao de [[pendente (xeografía)|pendente]] para permitir o [[fluxo]] das augas por [[gravidade]], pero nunca excesiva, para evitar velocidades excesivas e risco de [[erosión]]. Así mesmo, as súas xuntas deben ser [[hermetismo|herméticas]] para evitar filtracións de augas residuais ao terreo e para impedir o ingreso da auga de [[chuvia]], as infiltracións do terreo circundante ou a introdución de raíces. Por outra banda, deben ser chas a fin de que non se produzan obstrucións por acumulación de pelos, teas, [[cueiro]]s e outros elementos habitualmente botados á rede de sumidoiros, a pesar de estar prohibido.
 
O libre fluxo da auga dentro das unións domiciliarias e colectores verifícase habitualmente por medio da proba da [[bóla]], artefacto que debe discorrer sen inconvenientes dende o sitio en que se introduciu ata onde se está a efectuar o [[exame]].