Renacemento do século XII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 34:
;Expansión en Italia: Durante a segunda metade do [[século XI]], invasores normandos arrebataran todo o sur de [[Italia]] aos [[Imperio bizantino|bizantinos]]. Durante a primeira metade do século XII, o rei [[Normandía|normando]] [[Roxer II de Sicilia]] transformouse nun dos máis poderosos monarcas de Europa. O [[Sicilia|reino de Sicilia]], fundado por Roxer, foi durante todo este tempo o máis próspero e desenvolvido de Europa, grazas a unha política de tolerancia relixiosa que permitiu asimilar a cultura superior de árabes e bizantinos. Todo iso, a pesar de que durante a conquista normanda de Sicilia comezou a introducirse o [[catolicismo]] e, por tanto, o poder da [[Igrexa Católica]] en ditas terras foi en aumento.
;Expansión nas illas Británicas: Os normandos tamén invadiron [[Inglaterra]] en [[1066]]. [[Guillerme o Conquistador]] sentou as bases do poderío inglés, que os seus sucesores aproveitaron para realizar novas incursións contra [[Irlanda]] e [[Escocia]].
;Expansión en Escandinavia: O produto do pillaxe e saqueo dos [[vikingoviquingo]]s levou á introdución da economía occidental no [[mar Báltico]]. O príncipe alemán [[Henrique o León]], vasalo de [[Federico Barbarroxa]], conquistou as terras entre [[Brandeburgo]] e o [[río Oder]] aos [[vendos]], fundando [[Berlín]] entre outras cidades, e abrindo o camiño a novos señores feudais.
;Expansión en Europa Oriental: O reino de [[Polonia]] foi fundado no [[século X]] e, nas centurias seguintes, iniciou unha dura presión militar cara ao leste, en ''terras de ninguén'' ocupadas por tribos de pagáns como, por exemplo, [[Lituania]]. O labor combinado dos polacos e dos [[Cabaleiros Teutónicos]] conseguiu gañar todo o treito entre [[Occidente]] e os reinos rusos, en particular [[Nóvgorod]] e [[Moscova]].
[[Ficheiro:Europe 1142.jpg|miniatura|350px300px|O Occidente e as súas dependencias orientais en [[1142]].]]
;Expansión no Próximo Oriente: No ano [[1100]], a [[Primeira Cruzada]] conseguiu conquistar [[Xerusalén]], fundando unha serie de reinos cristiáns en Terra Santa. Estes reinos sobreviviron con grandes dificultades, divididos polas súas propias loitas domésticas, até que a irrupción de [[Saladino]], a finais do século XII, terminou por borrar case todo rastro deles. Aínda que quedaron algunhas fortalezas cristiás que non caerían senón até finais do [[século XIII]], o certo é que o dominio cristián en ditas terras pode darse por completamente terminado despois do pacto entre [[Ricardo Corazón de León]] e [[Saladino]], despois da fracasada [[Terceira Cruzada]].
 
Liña 45:
;Inglaterra: Guillerme o Conquistador comenzara xa un certo labor de centralización administrativa. Porén, seus sucesores tiveron que enfrontarse cunha turbulenta [[nobreza]] feudal, incluíndo algunhas guerras civís. En resposta, o rei [[Henrique II de Inglaterra]] introduciu unha serie de innovacións administrativas que permitiron o desenvolvemento da industria e o comercio, creando unha clase [[burguesía|burguesa]] mercantil na cidade de [[Londres]]. Aínda que o seu fillo [[Xoán Sen Terra]] tivo que ceder ante a nobreza e asinar a [[Carta Magna]] en [[1214]], o certo é que o proceso de consolidación da monarquía sobre os nobres xa non tiña volta, e o réxime pactado en dito documento non era senón un delicado sistema de equilibrios entre a monarquía e os baróns feudais.
;Francia: Os reis de Francia no [[século XII]] dominaban pouco máis que o territorio próximo a [[París]]. De feito, para a [[Primeira Cruzada]] o rei de Francia nin sequera foi consultado, levando o protagonismo de dita rexión o conde [[Raimundo I de Tolosa]]. Os franceses pasaron varias décadas moi apurados, debido a que o matrimonio entre [[Henrique II de Inglaterra]] e [[Leonor de Aquitania]] puxo nas mans do monarca inglés un enorme territorio, o chamado [[Imperio Anxevino]] (ou Imperio Plantagenet), que ameazaba con afogar a propia independencia do rei francés. Porén, co advenimento de [[Filipe II de Francia|Filipe Augusto]] ([[1180]]), Francia iniciou un proceso de imparábel consolidación interna, ao tempo que socavou o Imperio Anxevino. A última oportunidade de Inglaterra de destruír a Francia desvaneceuse coa derrota de [[Otón de Brunswick]], aliado de Inglaterra, ante os franceses na [[Batalla de Bouvines]] ([[1214]]). Ao rematar o reinado de Filipe Augusto, en [[1223]], Francia era unha monarquía feudal consolidada e en proceso de crecemento.
;Italia e Alemaña: Nestes territorios non houbo unha consolidación do poder central. Polo contrario, as destrutoras guerras entre o [[Papado]] e o [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Imperio Xermánico]], en particular as emprendidas por [[Federico I Barbarroxa]], e despois por [[Federico II de Alemaña]], levaron ao crecemento no seu seo de diversos [[estado|microestados]], en Italia das [[Comunas de Italia|comunas]], e en AlemañaaAlemaña dos [[principado]]s. Ao morrer Federico II, en [[1250]], o Imperio era a penas unha sombra do que fora. E as cidades e burgos independentes formaran unha constelación de estados autónomos que abarcaban todo o norte de Italia, Alemaña, [[Flandres]] e as costas do [[mar Báltico]].
;Polonia: O reino polaco tamén experimentara un certo proceso de consolidación interna, aínda que visibelmente atrasado con respecto ao resto de Europa, subsistindo con gran forza o poderío da nobreza feudal por riba do rei, que seguía sendo un ''primus inter pares'', máis que un verdadeiro monarca no sentido que estaba adquirindo tal figura noutros lugares de Europa.