Centrohélidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *surxe
Liña 21:
Só uns poucos xéneros carecen de cuberta celular, xa que a maioría teñen unha cuberta xelatinosa con escamas e espiñas, producida en vesículas de deposición especiais. Estas poden ser orgánicas ou silíceas e poden ter varias formas e tamaños. Por exemplo, en ''[[Raphidiophrys]]'' a cuberta esténdese ao longo das bases dos axópodos, cubríndoos con espículas curvadas que lles dan un aspecto arbóreo de piñeiro, e en ''Raphidiocystis'' existen tanto espículas con forma de copa curtas coma espículas tubulares longas, que son só un pouco máis curtas ca os axópodos. Algúns outros xéneros comúns son: ''[[Heterophrys]]'', ''[[Actinocystis]]'', e ''[[Oxnerella]]''.
 
Os axópodos dos centrohélidos están sostidos por [[microtúbulo]]s cunha disposición triangular-hexagonal, que surxexorde do seu gránulo tripartito chamado ''centroplasto'' situado no centro da célula. Axópodos cunha estrutura similar aparecen nos [[ximnosférido]]s, que foron tradicionalmente considerados centrohélidos (aínda que ás veces clasificados nunha orde separada). Esta relación cos centrohélidos foi cuestionada cando se descubriu que teñen [[mitocondria]]s con cristas tubulares, coma as dos outros heliozoos, entanto que nos centrohélidos as cristas son planas. Aínda que este xa non se considera un carácter moi fiable para a clasificación, en conxunto os ximnosféridos parecen hoxe ser un grupo separado.
 
== Clasificación ==