Antófitos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
m ligazón
Liña 7:
Os antófitos son [[anxiospermas]] e, polo tanto, teñen [[óvulo]]s encerrados en [[carpelo]]s. A secuencia evolutiva deste grupo é pouco coñecida, pois faltan os primeiros elementos da cadea, ben porque non se [[fósil|fosilizaron]], ben porque evolucionaron moi rapidamente. Comprende as [[dicotiledóneas]] e as [[monocotiledóneas]].
 
Nos últimos tempos considerábanse o grupo como un clado que comprendería as anxiospermas —as anxiospermas actualmente existentes— así como as ''[[Gnetales]]'' e o extinto grupo das ''[[Bennettitales]]''. Pero detallados estudos morfolóxicos e moleculares demostraron que o grupo non é realmente [[monofilético]], e fixéronse propostas de que as homoloxías florais dos ''[[gnetófitos]]'' e as anxiospermas puideran ter evolucionado en paralelo.<ref name=Crepet>Crepet, W. L. (2000): "Progress in understanding angiosperm history, success, and relationships: Darwin's abominably "perplexing phenomenon"". ''Proceedings of the National Academy of Sciences'' '''97''' (24): 12939) [http://www.pnas.org/content/97/24/12939.full.pdf+html PDF]</ref> Grazas a estes estudos é máis fácil conciliar os datos do [[reloxo molecular]], que suxiren que as anxiospermas diverxeron das [[ximnospermas]] hai ao redor de 300 millóns de anos.<ref name=Nam2003>Nam J. ''et al. (2003): "Antiquity and Evolution of the MADS-Box Gene Family Controlling Flower Development in Plants ''Mol. Biol. Evol.'' '''20''' (9): 1435–1447. [http://mbe.oxfordjournals.org/cgi/content/full/20/9/1435 Ver en liña]</ref>
 
Algúns estudos máis recentes utilizan a palabra ''antófito'' para describir un grupo que inclúe as anxiospermas e unha variedade de fósiles (''[[Glossopteris]]'', ''[[Pentoxylon]]'', [[Bennettitales]] e ''[[Caytonia]]''), pero non as ''[[Gnetales]]''.