Unión Soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Evstafiev-afghan-apc-passes-russian.jpg" que foi borrado en Commons por INeverCry. Motivo: Per [[:c:Commons:Deletion requests/File:Evstafiev-afghan-apc-passes-russi
Liña 190:
Aínda que innumerables burocracias estiveron implicadas na formación e a execución da política exterior soviética, as pautas principais da política foron determinadas polo Politburó do partido comunista. Os primeiros obxectivos da política exterior soviética foran o mantemento e o realce da seguridade nacional e o mantemento da hexemonía en Europa Oriental. As relacións cos Estados Unidos e a Europa occidental eran tamén unha preocupación importante para os rexedores soviéticos, e as relacións cos estados do terceiro mundo foron polo menos parcialmente determinadas pola proximidade de cada estado á fronteira soviética e ás estimacións soviéticas da súa significación estratéxica.
 
 
[[Ficheiro:Evstafiev-afghan-apc-passes-russian.jpg|miniatura|esquerda|240px|Tropas soviéticas retirándose de [[Afganistán]] en [[1988]].]]
Despois de que [[Mikhail Gorbachev]] sucedese a [[Konstantin Chernenko]] como Secretario Xeral do PCUS en 1985 introduciu moitos cambios na política exterior soviética e na economía da URSS. Gorbachev perseguiu políticas conciliatorias cara ao oeste no canto de manter o ''[[statu quo]]'' da [[guerra fría]]. A Unión Soviética terminou a súa ocupación de Afganistán, asinou tratados estratéxicos de redución de armas cos Estados Unidos, e permitiu que os seus aliados en Europa Oriental determinasen os seus propios asuntos. A caída do muro de Berlín, que comezou en novembro de 1989, sinalou dramaticamente o fin do imperio exterior da Unión Soviética na Europa central e oriental. Dous anos máis tarde, o imperio interno tamén acabou.