Laias, Cenlle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Liña 17:
 
==Historia==
Nesta parroquia sitúase unha explotación mineira aurífera de tempos dos romanos, ou incluso máis antiga, seriamente danada pola construción da autoestrada. Vinculado ao [[castro de San Cibrán de Lás]] (''Lambrica, Lansbrica'' ou ''Lanobrica'', entre outras, dependendo das diversas interpretacións que se fixeron da epígrafe da ara adicada a Bandua na vila romana de [[Eiras,_San_Amaro San Amaro|Eiras]]) trátase dunha explotación das coñecidas como ''arrugia'' ou ''ruina montium''. Atopáronse unha serie de tanques escalonados de maior a menor e flanqueados por escaleiras e longas canles. Amais pódense observar un gran números de buratos circulares tallados na rocha granítica que foron os depósitos utilizados para obter o ouro polo sistema de decantación.
 
É identificado co lugar de '''Lais''' referido por [[Hidacio]] no seu '''''Cronicón''''' co que o remata relatando un suceso misterioso, relacionado co apocalíptico pesimismo hidaciano:
 
''"No río Miño a cinco millas de Lais, pescáronse catro peixes nunca vistos dunha nova especie, segundo o relato dos pescadores respectables cristiáns, marcados con letras hebreas e gregas co número latino 365 formando un círculo. Uns meses despois alí preto caeron do ceo grans verdes como a herba con forma de lentella e amarguísimos e outras cousas asombrosas longas de contar"''.