William Elford Leach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
'''William Elford Leach''', nado o [[2 de febreiro]] de [[1790]] en [[Hoe Gate]] ([[Plymouth]], [[Reino Unido]]) e finado o [[26 de agosto]] de [[1836]] en Palazzo San Sebastiano ([[Tortona]], [[Xénova]], [[Italia]]), foi un [[zooloxía|zoólogo]] e [[bioloxía|biólogo mariño]] [[Inglaterra|inglés]], membro da ''[[Royal Society]]'' (FRS).
 
== Traxectoria ==
Liña 5:
[[Ficheiro:Libinia emarginata.png|miniatura|250px|Debuxo de ''Libinia emarginata'' en ''A Zoological Miscellany'', de Leach, autor que describiu esta especie de centola en 1815.]]
 
En [[1813]] Leach regresou aos seus intereses zoolóxicos e foi empregado como bibliotecario auxiliar na ''Sección Zoolóxica'' do [[Museo Británico]].<ref name="Damkaer"/> Alí dedicouse a ordenar as coleccións, moitas das cales foran abandonadas desde que deixou o Museo [[Hans Sloane]]. Durante este tempo foi conservador auxiliar da sección de historia natural, converténdose nun experto en [[crustáceos]] e [[moluscos]]. Tamén traballou en [[insectos]], [[mamíferos]] e [[aves]].<ref name="Mearns">{{cita libro|autor=Barbara Mearns & Richard Mearns|título=Biographies for Birdwatchers|isbn=0-12-487422-3|publisher=Academic Press|ano=1988}}</ref>
 
A nomenclatura de Leach era un tanto excéntrica. Nomeou vinte e sete especies baseadas no nome do seu amigo [[John Cranch]] (quen as recolectara en África antes de morrer no navío da Armada Británica ''HMS Congo''). E en [[1818]] nomeou nove xéneros baseados en ''Caroline'' ou anagramas deste nome, posibelmente en alusión ao nome da súa amante.<ref name="Damkaer"/>
 
En [[1821]] sufriu unha [[depresión (psicoloxía)|depresión nerviosa]] debido ao exceso de traballo e dimitiu do seu posto no museo en marzo de 1822. A súa irmá maior levouno á [[Europa|Europa continental]] a convalecer, e viaxaron a través de [[Francia]], [[Italia]] e [[Grecia]].
 
Morreu de [[cólera]] no ''Palazzo San Sebastiano'', cerca de [[Tortona]], ao norte de [[Xénova]].
 
== Bibliografía ==
Liña 21:
 
== Eponimia ==
O petrel de Leach (''[[Oceanodroma leucorhoa]]''), foi denominado así na súa honra, tras a súa morte, por [[Coenraad Jacob Temminck]] en 1820, non sendo consciente de que fora descrito previamente por [[Louis Jean Pierre Vieillot|Vieillot]]. Un espécime desta ave comprárao Leach en nome do Museo Británico por 5,15 £ na venda da colección de [[William Bullock]] en 1819. Na mesma venda comprou tamén un arao xigante (''[[Pinguinus impennis]]'') e un ovo por só 16 £.
 
O picapeixe de ás azuis (''[[Dacelo leachii]]'') tamén se nomeou en seu honor, en 1827, por [[Nicholas Aylward Vigors|Vigors]] e [[Thomas Horsfield|Horsfield]].
 
== Abreviatura ==
Liña 38:
* [http://www.biodiversitylibrary.org/item/46105 BHL] ''Leach's Systematic catalogue of the specimens of the indigenous mammalia and birds in the British Museum''. 1882, editado por Osbert Salvin.
 
{{ORDENAR:Leach, William Elford}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Leach, William Elford}}
[[Categoría:Personalidades da zooloxía|Leach]]
[[Categoría:Nados en 1790]]