Feira do cocido de Lalín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Historia: corrixo
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Liña 7:
A primeira Feira do Cocido celebrouse no ano [[1969]], sendo unha das decanas entre as moitas festas gastronómicas celebradas na xeografía galega. Durante a súa longa traxectoria converteuse nunha data senlleira no calendario festivo e gastronómico galego, achegándose a Lalín miles de persoas durante a súa celebración para probar este prato tradicional, que no concello dezao acada identidade propia.
 
No ano 1999 a Feira do Cocido foi declarada como [[Festa de Galicia de Interese Turístico]] por parte da [[Xunta de Galicia]] e vese corroborada ano tras ano pola masiva afluencia de público no día grande da feira, que adoita colapsar Lalín coa chegada de máis de 50.000 persoas.
 
Dende o concello lalinense lévanse a cabo múltiples iniciativas que teñen como fin a popularización do seu prato máis insigne e a promoción do municipio. Cabe destacar entre estas a celebración do [[Mes do cocido de Lalín|Mes do Cocido]], entrega dos [[Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro|premios Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico]], concertos, degustacións de [[cocido]] en diferentes cidades e países, celebración da [[mata do porco|mata tradicional]] etc.