Montserrat (monte): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 10:
|Localización=[[Bages]], [[Anoia]], [[Baix Llobregat]], {{CAT}}
}}
'''Montserrat''' é un macizo [[Rocha|rochoso]] situado no nordés da [[península Ibérica]], considerado tradicionalmente a montaña máis importante e significativa de [[Cataluña]]. Está situada a 50  km ao noroeste da cidade de [[Barcelona]] entre as comarcas de [[Anoia]], [[Baix Llobregat]] e [[Bages]]. Nesta montaña sitúase o santuario e [[Mosteiro de Montserrat|mosteiro beneditino de Montserrat]] dedicado á [[Virxe de Montserrat]].
 
O seu nome provén das palabras ''mont'' que significa monte, e ''serrat'', que significa serrado en [[lingua catalá|catalán]]. Tanto ''serrat'' como ''serralada'' (cordilleira) proveñen de ''serra'', e precisamente esta palabra deriva do [[lingua latina|latín]] ''serra'', que é o nome do instrumento para serrar, pola forma que teñen as montañas encadeadas consecutivamente, que fan pensar nos dentes dunha serra. Nas representacións heráldicas, Montserrat aparece como un grupo de montañas de [[ouro]] sobre campo vermello cunha serra de ouro que a curta por encima.