Oia, Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 13:
 
== Xeografía ==
Está situada ao suroeste do concello e do núcleo urbano de Vigo. Ten 7,2  km², e as súas costas dan á [[ría de Vigo]], fronte ás [[illas Cíes]]
 
== Historia ==
No sitio arqueolóxico da leira Mirambell atopáronse restos datados entre os séculos III e VI.
 
A parroquia estivo durante a [[Idade Moderna]] baixo control do Cabido de [[Tui]]. No [[século XVIII]], dada a importancia da actividade do cultivo do [[liño]] e da artesanía derivada, naceu a Irmandade dos Liñares, e tempo despois construíuse a [[capela dos Liñares de Oia|Capela dos Liñares]].
 
A parroquia posúe dous [[cruceiro]]s, un no lugar do Cruceiro, que data do [[1859]], e o do adro da igrexa.