Capitel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Sen resumo de edición
Liña 6:
Aínda que hai unha gran variedade de capiteis, o estereotipo estaría formado por: un [[astrágalo]], [[moldura]] que corre ao redor do [[fuste]] da columna na base do capitel; un tambor, que é o corpo propiamente dito do capitel, con forma reducible a un tronco de cono ou pirámide invertida; e un [[ábaco (arquitectura)|ábaco]], taboleiro prismático que remata o capitel e que sostén directamente o arranque do arco ou o [[lintel]].
 
Os primeiros capiteis coñecidos teñen a súa orixe no antigo [[Exipto]]. O seu aspecto é con preferencia papiriforme ou lotiforme, pero tamén os hai con calquera outro tema vexetal. En [[Persia]] empregáronse capiteis formados por dúas figuras contrapostas que deixaban entre elas un rebaixe no que se apoiaba a [[arquitrabe]]. Pero o desenvolvemento e masivo emprego do capitel débese á [[arquitectura grega]] e [[arquitectura romana|romana]] que fixeron del un elemento clave das súas [[orde arquitectónica|ordes arquitectónicas]] clásicas. O seu deseño correspóndese coas respectivas ordes. Así, a [[orde dórica|dórica]], carente de [[astrágalo]], só ten [[equino]] e [[ábaco]], os dous lisos e moi sinxelos; a [[orde xónica|xónica]] caracterízase polas [[voluta]]s que configuran as súas catro esquinas; a [[orde corintia|corintia]], máis esvelta que a anterior, ten todo o tambor decorado por follas de [[acanto]]; a [[orde toscana|toscana]] é semellante á dórica, inclúe un collarino; a [[orde composta|composta]] é unha combinación de xónica e corintia, adoptando as volutas de unhadunha e as follas de acanto da outra.
 
Coa chegada do [[Renacemento]] e o [[Neoclasicismo]] volveuse á utilización dos capiteis clásicos segundo os canons das ordes arquitectónicas gregas e romanas.