Montserrat (monte): Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 5:
O seu nome provén das palabras ''mont'' que significa monte, e ''serrat'', que significa serrado en [[lingua catalá|catalán]]. Tanto ''serrat'' como ''serralada'' (cordilleira) proveñen de ''serra'', e precisamente esta palabra deriva do [[lingua latina|latín]] ''serra'', que é o nome do instrumento para serrar, pola forma que teñen as montañas encadeadas consecutivamente, que fan pensar nos dentes dunha serra. Nas representacións heráldicas, Montserrat aparece como un grupo de montañas de [[ouro]] sobre campo vermello cunha serra de ouro que a curta por encima.
Trátase dun macizo de forma singular que se alza bruscamente ao oeste do [[río Llobregat]] ata os 1.236 metros de altura do pico de [[Sant Jeroni (Montserrat)|Sant Jeroni]]. Outros picos destacados son o Cavall Bernat, as Agulles, o Serrat del Moro, o Montgròs, Sant Joan e a Palomera. En [[1987]] foi declarado [[Parque Natural de Montserrat|parque natural]] para garantir a súa conservación.
[[Ficheiro:Montserrat Mountains, Catalonia, Spain - Jan 2007.jpg|500px|thumb|center|Vista panorámica de Montserrat]]
|