Pigmento biolóxico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 29:
 
Os principais pigmentos responsables son:
* '''[[Clorofila]]'''. É o pigmento principal en plantas; é unha [[clorina]] que absorbe lonxitudes de onda amarelas e azuis de luz mentres que reflicten o [[verde]]. A presenza e relativa abundancia da clorofila nas plantas é o que lles dá cor verde. Todas as plantas terrestres e as [[algas verdes]] posúen dúas formas deste pigmento: [[clorofila a|clorofila ''a'']] e [[clorofila b|''b'']]. As algas pardas [[quelpo]]s (''kelp''), [[diatomea]]s, e outras [[heterokonta]] fotosintéticas conteñen [[clorofila c|clorofila ''c'']] en vez de ''b'', mentres que as algas vermellas posúen só clorofila ''a''.
 
* '''[[Carotenoide]]s'''. Son [[tetraterpenoide]]s vermellos, laranxas ou amarelos. Funcionan como [[pigmento accesorio|pigmentos accesorios]] na fotosíntese das plantas, axudando a absorber cantidades adicionais de enerxía lumínica non absorbida polas clorofilas. Nos [[fotosistema]]s ceden a excitación producida pola luz a outros pigmentos accesorios e finalmente ás clorofilas. Os carotenoides máis común son o [[caroteno]] (un pigmento laranxa abondoso en [[cenoria]]s), [[luteína]] (pigmento amarelo de moitas froitas e verduras), e o [[licopeno]] (pigmento vermello responsable da cor dos [[tomate]]s). Os carotenoides actúan tamén como antioxidantes e favorecen a saúde visual humana.
 
* '''[[Antocianina]]s''' (literalmente "flor azul"). Son pigmentos [[flavonoide]]s hidrosolubles de cor vermella a azul, dependendo do [[pH]]. Poden aparecer en todos os tecidos das plantas superiores, dando cor ás follas, talo, raíces e froitos, aínda que non sempre en cantidades suficientes como para ser apreciables. As antocianinas son máis visibles nos [[pétalo]]s de moitas flores, onde supoñen ata o 30% do peso seco do tecido. Tamén son responsables da cor púrpura da parte inferior das follas de plantas tropicais de sombra como ''[[Tradescantia zebrina]]''; nestas plantas, as antocianinas captan a luz que pasou a través da folla e reflíctena de novo cara as rexión da planta que teñen clorofila, para maximizar o uso da pouca luz dispoñible.
 
Liña 82 ⟶ 80:
=== Melanina ===
{{Artigo principal|Melanina}}
A [[melanina]] é un tipo de composto que serve como pigmento con diferentes estruturas que é responsable de darlle aos animais mariños pigmentacións escuras, marróns, e amareladas/avermelladas. Prodúcese a partir do aminoácido [[tirosina]]. A melanina atópase na pel, pelo e ollos de animais terrestres. <ref>Bandaranayake, Wickramasinghe. "The nature and role of pigments of marine invertebrates." Natural Products Report. Cambridge, n.d. Web. 25 May 2010. <www.rsc.org/delivery/_ArticleLinking/DisplayArticleForFree.cfm?doi=b307612c&JournalCode=NP>.</ref>
 
Hai varios tipos de melaninas tendo en conta que son un agregado de compoñentes moleculares máis pequenos, como as melaninas que conteñen nitróxeno. Hai dúas clases de melaninas: (1) eumelaninas insolubles negras e castañas, que se derivan da oxidación aeróbica da [[tirosina]] en presenza de [[tirosinase]], e (2) feomelaninas solubles en álcali, que van do amarelo ao castaño, orixinadas pola desviación da vía de síntese da eumelanina pola intervención de [[cisteína]] e [[glutatión]]. As eumelaninas atópanse xeralmente na pel e ollos. Algunhas melaninas son a melanoproteína (melanina marrón escura que se almacena en altas concentracións no saco da tinta do choco ''[[Sepia officinalis]]''), equinoideos (que se atopa en ourizos de mar Clyperasteroidea como ''[[Mellita]]'', e nos corazóns dos [[ourizo de mar|ourizos de mar]]), holoturoideos (no [[cogombro de mar]]), e ofiuroideos (nas [[ofiúra]]s). Estas melaninas son problemente polímeros que se orixinan do acoplamento repetido de intermediarios monoméricos bipolifuncionais simples, ou de elevado peso molecular. Os compostos con sistemas de aneis benzotiazol e tetrahidroisoquinolina actúan como compostos que absorben luz ultravioleta.
Liña 88 ⟶ 86:
=== Bioluminescencia ===
{{Artigo principal|Bioluminescencia}}
Aínda que a bioluminescencia produce luces de cores, realmente a súa forma de dar cor é totalmente distinta da dos pigmentos. Na bioluminescencia a luz orixínase por unha reacción química mesmo en total escuridade, mentres que os pigmentos producen cor cando lles dá luz e absorben algunhas lonxitudes de onda da luz e reflicten outras. Non obstante, aínda que a bioluminescencia non é unha forma típica de pigmentación (propiamente falando), falaremos algo dela e pódese ampliar a información no seu artigo principal. O 90% dos animais mariños producen algún tipo de bioluminescencia. O órgano que emite a bioluminescencia denomínase [[fotóforo]], e está presente en animais como luras, certos peixes, medusas, e en animais terrestres como certos insectos (ver [[vagalume]] e [[luciferina]]). Tamén a producen microorganismos, moitas veces simbiontes nos animais. As luras teñen tanto fotóforos (con bioluminescencia) coma cromatóforos (con pigmentos).<ref>Webexhibits. "Bioluminescence | Causes of Color." WebExhibits. Web. 2 June 2010. <http://www.webexhibits.org/causesofcolor/4ADA.html>.</ref>
 
Os [[coral (animal)|corais]] construtures de arrecifes e [[Actiniarios|anemone]]s, producen [[fluorescencia]]s; a luz é absorbida a unha lonxitude de onda, e reemitida a outra. Estes pigmentos poden actuar como filtros solares naturais, axudar á fotosíntese (de algas simbióticas), servir como coloración de advertencia, atraer parellas, asustar rivais ou confundir aos predadores.