Ctenidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 6:
 
== Etimoloxía ==
O termo do [[latín|latín científico]] ''ctenidium'', que romanceamos como '''ctenidio''',<ref>castelán, ''ctenidio''; francés, ''cténidie''; italiano ''ctenidio''; ''portugués ''ctenídio''.</ref> está construído polos elementos ''cten-'', tirado do neoloxismo [[lingua grega|grego]] κτενίδιον ''ktenídion'', diminutivo derivado do [[grego antigo]] κτείς κτενός ''kteís'' ''ktenós'', 'peite', e ''-ĭdium'', sufixo que indica 'cousa pequena'.<ref>[http://www.merriam-webster.com/dictionary/ctenidium ctenidium] no Merriam Webster Unabridged Dictionary.</ref> <ref>[https://www.wordnik.com/words/ctenidium cteniduim] en wordnik.</ref>
 
== Nos moluscos ==
Liña 13:
Os ctenidios constan dun eixe lonxitudinal que ten [[nervio]]s, [[músculo]]s e [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]] e numerosas expansións filiformes laterais, cuxa posición alterna coa dos filamentos do lado oposto. Para impedir que os filamentos colapsen, posúen unha variña esquelética [[quitina|quitinosa]].
 
Localízanse a cada lado da [[cavidade paleal]] e mantéñense na súa posición mediante unha membrana dorsal e outra ventral, de modo que as branquias dividen a cavidade paleal en dúas cámaras, unha superior e outra inferior.
 
=== Funcionamento ===
Liña 25:
== Nas pulgas ==
 
Nos [[sifonápteros]] (as pulgas comúns), os ctenidios son [[apéndice (artrópodos)|apéndices]] moi curtos [[articulación (anatomía)|articulados]] en tres segmentos (antenómeros) que sobresaen da súa cabeza e que son utilizados para adherirse mellor á pel dos animais que os hospedan.
 
Falando propiamente, o termo utilízase sobre todo para as [[especie (bioloxía)|especies]] do [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Ctenocephalides]]'' (que integra, por exemplo, ás pulgas do gato ou as do can).
Liña 33:
== Nos ctenóforos ==
 
Nos [[ctenóforos]] o ctenidio é unha especie de peite ou paleta vibrátil provisto de [[cilio]]s distribuñidos nalgunhas series (normalmente oito) ao longo do corpo do animal. Batendo estas estruturas de maneira coordinada entre elas, os ctenidios permiten ao organismo moverse lentamente na auga.
 
Este ritmo está regulado por un [[estatocisto]], un órgano do sentido do equilibrio (denominado ''apical'' porque está situado na parte superior do corpo, o ''polo apical''). Cada ctenidio está relacionado co [[sistema nervioso]], e permite a cada unaha das series ciliadas vibrar coa mesma frecuencia, ou a diferentes velocidades, dependendo do movemento que o animal pretende lograr.<ref>Algunhas imaxes dos ctenidos dos ctenóforos poden verse na ''Guida al riconoscimento del plancton neritico dei mari italiani'', Roma, [http://www.minambiente.it/opencms/opencms/archivio/biblioteca/protezione_natura/dpn_zooplancton_volume2_tavole.pdf Ministero dell'Ambiente], 2006, vol. II-Tavole, p. 193.</ref>
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 57:
 
{{Control de autoridades}}
 
 
[[Categoría:Moluscos]]