Tilacínidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 21:
}}
 
A dos '''tilacínidos''' (''Thylacinidae'') é unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[mamíferos]] [[marsupiais]] [[australidelfos]], unha das tres recoñecidas dentro da [[orde (bioloxía)|orde]] dos [[dasiuromorfos]],<ref>[http://www.cbif.gc.ca/acp/fra/siti/regarder?tsn=552294 ''Dasyuromorphia''] no [[SIIT]].</ref> <ref>[http://www.departments.bucknell.edu/biology/resources/msw3/browse.asp?id=10800001 ''Dasyuromorphia''] en [[MSW]].</ref> actualmete [[extinción|extinta]]. Eran marsupiais [[carnívoros]] que viviron en [[Australia]].
 
Apareceron no [[oligoceno|oligoceno superior]], e foron a os primeiros en diferenciarse de todos os dasiuromorfos. A perda da hexemonía dos tilacínidos tivo lugar durante o [[mioceno]] tardío, coincidindo coa gran diversificación dos [[dasiúridos]] (''Dasyuridae''), aparecidos durante o [[mioceno|mioceno medio]].
 
Só unha especie desta familia, o lobo marsupial ou tigre de Tasmania (''[[Thylacinus cynocephalus]]'') sobreviviu até tempos históricos, declarándose [[extinto]] no ano [[1936]]. As outras especies coñecidas de tilacínidos desapareceron no [[plistoceno]].
 
O lobo marsupial foi o maior carnívoro marsupial, e superficialmente era moi parecido a un [[cánido]], trátandose dun caso rechamante de [[evolución biolóxica|converxencia adaptativa]], xa que un detido exame das súas [[anatomía|caractarísticas morfolóxicas]] revela un gran número de diferenzas cos verdadeiros [[lobo]]s [[placentarios]].
 
As [[orella]]s son máis arredondadas e a [[boca]] é moito máis ampla, chegando case de orella a orella; tamén son distintivas as de 13 a 17 raias [[cebra]]das da parte porsterior do tronco deste aniumal. Pero quizais o aspecto máis distintivo sexan os seus cuartos traseiros e a cola: o tronco, en lugar de terminar abruptamente, como nos cánidos, faino paulatinamente, de forma semellante á dos [[canguro]]s; e a [[cola (zooloxía)|cola]], moi potente na súa base, é comprimida lateralmente, e moi ríxida; as [[pata]]s traseiras teñen tamén un aspecto diferencial, xa que o [[tarso (anatomía)|tarso]] é proporcionalmente más curto que nos cánidos.<ref>[[Félix Rodríguez de la Fuente|Rodríguez de la Fuente, Félix]] (1970): "El mayor carnívoro marsupial viviente", en ''Enciclopedia Salvat de la Fauna'', Tomo 9, Australia e islas, pp. 165-168. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones.</ref>
 
== Clasificación ==
Liña 74:
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==