Célebes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 23:
| [[Poboación]] (2005) || 16 000 000 hab.
|-
| [[Superficie]] || 174.600  km²
|-
| [[Densidade]] ||
Liña 35:
! colspan="2" | Localización
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:IndonesiaSulawesi.PNG|330px|Localización da illa]]
|- style="background-color: #eee;"
|}
 
'''Célebes''' tamén coñecida, en especial ultimamente, co nome indonesio de '''Sulawesi''' (pronunciado "sulavesi", pois utilizan a versión [[lingua neerlandesa|holandesa]] do "[[w]]"), é unha grande illa de [[Indonesia]], entre [[Molucas]] e [[Borneo]]. É unha das catro maiores illas de Indonesia.
 
Os primeiros europeos en chegar á illa foron navegantes portugueses en [[1512]]. Desde o século XVII a illa foi parte das [[Indias Orientais Neerlandesas]], como era coñecido o que actualmente é Indonesia baixo o goberno colonial dos [[Países Baixos]].
 
== Xeografía ==
É a décimo primeira illa máis grande do mundo, cunha área de 174.600  km², a illa está rodeada ao oeste por [[Borneo]], ao norte polas [[Filipinas]], ao leste polas [[Molucas]] e ao sur por [[Illa de Flores, Indonesia|Flores]] e [[Timor]]. A illa ten unha forma moi particular e distintiva, dominada por catro grandes penínsulas. A parte central é sumamente montañosa, polo que tradicionalmente as penínsulas da illa están afastadas unha da outra, xa que son máis curtas as comunicacións por mar, que polos camiños da illa.
 
A illa esta dividida en seis provincias: [[Gorontalo]], [[Sulawesi Occidental]], [[Sulawesi Meridional]], [[Sulawesi Central]], [[Sulawesi Suroriental]] e [[Sulawesi Setentrional]]. A máis recente é Sulawesi Occidental, que foi creada en 2004 segregándola de Sulawesi Meridional. As cidades máis poboadas da illa son [[Makassar]] na costa sudoccidental e [[Manado]] na península do norte.
 
== Flora e fauna ==
A illa de Célebes atópase xunto á [[Liña de Wallace]], o que fai que maior parte das súas especies sexan pertencentes á rexión de [[Australasia]]. 2.290  km² da illa están incluídos no [[Parque Nacional de Lore Lindu]].
 
Hai 127 especies de [[mamífero]]s coñecidas en Célebes, 72 delas, o 69%, son [[endémico|endémicas]], o que signífica que non se atopan en ningunha outra parte do mundo. O maior mamífero nativo de Célebes é o [[anoa]], unha especie de [[búfalo]] de pequeno tamaño.
[[Ficheiro:Flag of Sulawesi.svg |miniatura|Bandeira do movemento separatista]]
En contraste, a maior parte das especies de aves se poden ser atopadas noutras illas, aínda que un 34% son tamén endémicas.
 
== Demografía ==