Construción de nicho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 94:
Esta categoría agrupa tanto o material xenético coma os coñecementos e destrezas dos organismos. Non hai perturbación desta procedencia sobre os factores abióticos. No caso dos sinais químicos, como a marcaxe, tratarase dun recurso informativo e, por tanto, un "case" artefacto.<ref name="a"/>
 
Todos os organismos teñen un material xenético que transmiten de xeración en xeración. As bacterias do xénero ''[[Wolbachia]]'' producen nos [[hóspede]]s artrópodos aos que parasitan unha desviación na [[proporción de sexos]] (''sex-ratio'') aumentando o número de descendentes femias , xa que só as femias do artrópodo poden transmitir a bacteria.<ref name="e">Gilbert, S. F. and Epel, D. 2009. Ecological Developmental Biology. Sinauer Associates, Sunderland, MA</ref> Nos animais, a aprendizaxe e certas interaccións sociais son outros recursos que poden ser utilizados para modificar o medio.
 
Aínda que non son un caso moi frecuente, os sinais son un bo exemplo<ref name="a"/>. O paxaro (''[[Chlamydera maculata]]'') macho "cultiva" diferentes especies do xénero ''[[Solanum]]'' nos arredores do niño que el construe para a femia. Faino porque unha gran diversidade de cores de froitas é un atractivo importante para a femia e está asociado a un maior éxito reprodutivo. O xénero ''Solanum'' aparece así en lugares onde non se encontraba antes da actividade do paxaro. De feito, o paxaro non elixe sempre un sitio xa poboado por moitas destas plantas, senón que el mesmo adorna con estas plantas o seu sitio de nidificación se non as hai alí.<ref>{{en}} Madden, J.R., Dingle, C., Isden, J., Sparfield, J. Goldizen, A.W., Endler, J.A. (2012) [http://dx.doi.org/10.1016/j.cub.2012.02.057 ''Male spotted bowerbirds propagate fruit for use un their sexual display'']. Current Biology'' 22(8): R264-R265.</ref>