Construción de nicho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 65:
 
*'''[[Miñoca]]s''': Por medio dun proceso de modificación e escavación, as miñocas de terra airean e alteran quimicamente o [[solo]] no que viven. Este cambio na química do solo estimula un incremento da [[fitness (bioloxía)|fitness]] das poboacións de miñocas. A nova composición química do solo producida pola actividade das miñocas tamén beneficia o crecemento de moitas especies de plantas e outra biota presente no solo.<ref name="Smee 2009">Odling-Smee, John F. (2009). "Niche Construction in Evolution, Ecosystems and Developmental Biology". Mapping the Future of Biology, 69-91. ISBN 978-1-4020-9635-8.</ref>
*'''Formigas limón (''[[Myrmelachista schumanni]]'')''': Esta especie de formigas emprega un método especializado de supresión de vexetación que regula o crecemento de certas árbores. Estas formigas constrúen o seu fogar no corpo da árbore ''[[Duroia hirsuta]]'' da Amazonia peruana. Para aseguraren a prevalencia das árbores ''Duroia'', as formigas empregan cantidades producidas por elas mesmas de [[ácido fórmico]] (un composto común nas formigas) como un persistente [[herbicida]]. O resultado final altera a composición do seu hábitat no bosque drasticamente ao eliminar as especies arboreasarbóreas que non serían axeitadas para que as habitase a colonia. Estas áreas coa ecoloxía alterada por causa destas formigas foron denominadas [[xardín do demo|xardíns do demo]].<ref>Reece, Urry, Cain, Wasserman, Minorsky & Jackson (2011). ''Campbell Biology''. ISBN 978-0-321-55823-7.</ref>
*'''[[Castor]]es''': Ao construíren as súas presas nos ríos os castores dan forma e alteran drasticamente o [[ecosistema]] no cal viven. A deforestación, os efectos na estrutura do solo, estrutura das raíces, turbidez da auga, distribución da auga e a cantidade de auga que chega río abaixo son só algúns dos exemplos que definen a construción de nicho dos castores. Os castores son un claro exemplo dos efectos tan diversos perpetuados pola construción dun nicho.
*'''[[Diatomeas]]''' da [[Baía de Fundy]], Canadá: Son outro exemplo de enxeñeiros de ecosistemas. As diatomeas [[bentos|bénticas]] que viven en sedimentos de estuario segregan exsudados de [[carbohidrato]]s que unen os grans de area e estabilizan o medio ambiente. As diatomeas causan un cambio físico nas propiedades da area que permite que outros organismos colonicen a zona. O concepto de enxeñaría de ecosistemas trouxonovas implicacións conceptuais na disciplina da [[bioloxía da conservación]].<ref name="Boogert06">{{Cite journal |doi = 10.1641/0006-3568(2006)56[570:TIONCA]2.0.CO;2 |last = Boogert |first = N. J. |last2 = Paterson |first2 =D. M. |last3 = Laland|first3 = K. N. |title = The Implications of Niche Construction and Ecosystem Engineering for Conservation Biology |journal = BioScience |volume = 56 |issue = 7 |pages=570–8 |year = 2006 |url = http://lalandlab.st-andrews.ac.uk/pdf/BoogertetalBioscience.pdf |format=PDF |issn = 0006-3568}}</ref>