Porto (comunicacións): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 11:
 
* Así, na ''zona marítima'', destinada ao barco, dispóñense as obras de abrigo que protexen a zona de atracadas da ondada exterior, constituídas fundamentalmente polos diques; as obras de acceso que facilitan o acceso do barco ao porto en condicións de seguridade, garantindo a súa maniobrabilidade, anchura e calado adecuados. Entre elas temos a sinalización ([[radar]], [[faro]]s, [[baliza]]s, radiofaros, [[boia]]s etcétera), os [[dique]]s de encanamento, [[Canle (enxeñería)|canles]] dragados, [[esclusa]]s; as obras de fondeo coa función de manter o barco amarrado en augas tranquilas á espera da súa quenda de atracada nos [[peirao]]s; e as [[dársena]]s que constitúen a superficie de augas abrigadas aptas para a permanencia e operación dos barcos (de marea ou de flotación, segundo estean ou non sometidas á acción das mareas).
 
* Na ''zona terrestre'', destinada fundamentalmente á mercancía, atopámonos coa superficie de operación terrestre constituída polos [[peirao]]s, que ademais de facilitar a atracada e amarre dos barcos, serven de soporte ao utillaxe e de provisión provisional de mercancías; e os depósitos que ademais de adecuar un espazo ás mercancías, serven de regulación dos fluxos marítimo-terrestres.
 
* Na ''zona de evacuación'', destinada ao transporte terrestre, debemos diferenciar as vías de acceso ao porto desde a Rede de estradas xeral, as de circunvalación ou repartición e as de penetración á zona de operación terrestre, coas súas áreas de manobra e estacionamento.
 
* Ocasionalmente pódense situar nos portos unha ''zona de asentamento de industrias básicas'': [[siderurxia]]s, [[estaleiro]]s, [[petroquímica]]s, [[Refinaría de petróleo|refinarías]] etc. Nalgúns casos foi necesario crear portos exclusivamente para o seu servizo.