Pluma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
== Tipos de plumas ==
[[Ficheiro:Feather of 'Dendrocopos major' (Great Spotted Woodpecker).jpg|miniatura|200px|Pluma de [[peto real]]]]
Xeneralizando, podemos distinguir dous tipos básicos de plumas, que se diferencian pola súa estrutura: as externas ou de contorno, que cobren a parte exterior do corpo das aves, e as internas ou [[penuxe]], que forman unha capa de protección térmica.

As plumas non están uniformemente repartidas polo corpo, inseríndose segundo áreas específicas. As zonas con plumas ''(Pterylae)'' están separadas por outras sen elas ''(Apteriae)''.
Liña 19:
* '''Semiplumae''': situadas entre as plumas externas e a penuxe.
* '''Filoplumas''' ''(Filoplumas)'': de folículos ben innervados, e funcións de información da posición dos músculos ([[propiocepción]]). Faltan nas avestruces e nos [[casuario]]s
* '''Setae''': substitúen as pestanas. Suxeriuse que estas plumas poden xogar un rol similar o das [[vibrisa]]s dos mamíferos, pero os estudos feitos ata agora non o demostran. <ref>Lederer R. J. (1972) The role of avian rictal bristles. Wilson. Bull. 84, 193-97 [http://elibrary.unm.edu/sora/Wilson/v084n02/p0193-p0197.pdf pdf]</ref>
* '''Pulviplumae''', propias dalgunhas aves coma as [[pomba]]s e as aves acuáticas. Serven para producir un po fino de queratina que ten funcións impermeabilizantes.

Liña 25:
[[Ficheiro:Parts of feather modified.jpg|miniatura|dereita|200px|'''Partes dunha pluma:'''
1. Vexilo
2. Raque
3. Barbas
4. Hiporraque
5. Cálamo]]
As plumas externas están compostas dun cano central longo e ríxido, ''(Scapus)'' e un abanico de barbas inseridas neste, o vexilo. ''(Vexillum)''. O eixo central divídese en dúas partes: o ''raque'', onde se insiren as barbas e o ''cálamo'', que se inserta nun folículo na pel. O cálamo está dividido por tabiques transversais e ten dúas aberturas ou embigos, o embigo superior (''Umbilicus superior''), situado na zona de unión co raque, e o embigo inferior (''Umbilicus inferior''), na base.
Do raque, que esta cheo na súa parte interior dunha mola de tecido queratinizado, saen cara atrás e adiante de xeito paralelo as '' [[barbas]]'', que forman o ''vexilo'' ou estandarte. A barbas están á súa vez ramificadas en barbiñas ''(barbulae)''. Estas bárbulas teñen ganchos minúsculos ou ''barbicelos'', que se enganchan coas barbas veciñas para conseguir a rixidez e solidez necesarias do conxunto. Ós lados do embigo superior hai un segundo estandarte (hiporraque), semellante pola estruturalmente á penuxe.

A penuxe ten un talo curto, formado por un raque e un cálamo reducidos, ó que están unidas unhas barbas longas e flexibles, carentes de barbicelos, o que fai que cada unha das barbas estea libre, facilitando a acumulación de aire entre elas e con isto mellorando a súa capacidade illante.

As filoplumas, que están espalladas en grupos polo corpo teñen un raque longo con barbas ou barbiñas no extremo.
[[Ficheiro:FeatherLocking.png|miniatura|esquerda|Microestrutura dunha pluma amosando o tecido entre as barbas]]
As plumas produtoras de po, '''(Pulviplumae)''', son de crecemento continuo. A po que producen ten a súa orixe en partículas que se desprenden regularmente das puntas das bárbulas. Estas plumas evolucionaron separadamente en diversas familias de aves e poden estar situadas na penuxe ou nas plumas propiamente ditas. Poden estar espalladas pola plumaxe coma no caso das [[columbiformes]] ou localizadas en determinadas áreas do peito, a barriga ou os flancos, coma nas [[garza]]s. As garzas usan o bico para rompe-las plumas e estralas, outras aves usan a cabeza para reparti-lo po polo corpo.
As aves mudan as plumas periodicamente, formándose as plumas novas a partir dos mesmos folículos das vellas.

== Desenvolvemento das plumas ==
A función orixinaria das plumas puido ter que ver máis coa atracción da parella que co voo. As plumas tiveron probablemente a súa orixe en invaxinacións tubulares na pel, das que naceron talos de células epiteliais osificadas ou queratocitos. Eses talos, abertos por riba, contiñan no seu interior, nese momento da evolución, as barbas. A vaina do talo constituíu o futuro bagullo da pluma, que contiña a parte inferior do raque coas barbas
As plumas desenvolvéronse ata á súa forma típica, por crecemento espiral das barbas rente á zona de inserción.

O control xenético do crecemento das plumas é levado a cabo por dous [[xene]]s, que, nos [[vertebrado]]s, serven tamén para desata-lo crecemento de outros apéndices, dedos e estruturas epiteliais: os xene ''Shh'' e ''Bmp2'', coas proteínas asociadas correspondentes. Shh regula a división celular dos queratocitos, e Bmp2 a [[diferenciación celular|diferenciación]] das células e a regulación do crecemento

== Evolución das plumas ==
Pensouse que a as plumas se orixinaran das [[escama]]s dos réptiles, pero estudos recentes amosarían que, malia a evidente relación entre ámbalas dúas estruturas, o proceso evolutivo exacto non está claro. ( ''Quarterly Review of Biology'' 77:3 (September 2002): 261-95) e algúns experimentos parecen amosar que as escamas dos réptiles non son á orixe das plumas, <ref>http://www.dinosauria.com/jdp/archie/scutes.htm</ref>
Que, coma os pelos dos [[mamífero]]s, serían o resultado dunha evolución específica.