Depuración de augas residuais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Ecualización do fluxo: estaba ben, pero sóame mellor cribas, cuestión de gustos
m Arranxos varios using AWB
Liña 20:
As augas residuais proveñen dos cuartos de baños e cociñas das casas e de augas sucias de comercios e industrias, que van parar aos sumidoiros ou cloacas. Moitas veces mestúranse todos os tipos de augas residuais domésticas, pero o ideal é separalas. A separación da auga doméstica en [[augas grises]] (dunha ducha, por exemplo) e [[augas negras]] (fecais) é máis común no mundo desenvolvido. As augas negras son as que proceden de inodoros e as grises de lavabos e bañeiras, que, se foi separada, pode utilizarse para a rega de plantas ou reciclada para o seu uso en inodoros, onde se transforma en augas negras. Moitas augas residuais tamén inclúen augas superficiais procedentes das chuvias, que se mesturan nos sumidoiros coas demais augas residuais se se usan tuberías de uso mixto pluvial-residual, pero de novo sería mellor separalas.
Os sistemas de sumidoiros que trasportan conxuntamente descargas de augas sucias e augas de precipitación chámase sistemas combinados. A construción de sistemas de sumidoiros combinados é actualmente menos común que no pasado.
 
Cando a auga sucia e a de chuvia son recolectadas e transportadas en sistemas de sumidoiros separados, que se chaman, respectivamente, cloacas e condutos pluviais en moitos países europeos, ou sumidoiros sanitarios e sumidoiros de tormenta nos Estados Unidos, ou sumidoiros fétidos e sumidoiros de augas superficiais en Reino Unido.
Liña 112:
 
=== Tratamento terciario ===
O propósito do tratamento terciario é mellorar a calidade do efluente antes de descargalo no medio ambiente (mar, río, lago, zona húmida, terreo etc.). Pode utilizarse máis dun proceso durante o tratamento terciario nunha estación depuradora. Se se realiza unha desinfección, este é sempre o proceso final.
 
==== Filtración ====
Liña 162:
Para usar menos espazo, procesar augas difíciles de tratar e de fluxo intermitente, deseñáronse varios tipos de estacións depuradoras de tratamento híbrido. Ditas plantas a miúdo combinan polo menos dúas etapas das tres principais usadas no tratamento nunha fase combinada. Estas plantas "de paquete" úsanse sobre todo en zonas rurais.<ref name="EPA Package">EPA. Washington, DC (2000). [http://www.epa.gov/npdes/pubs/package_plant.pdf "Package Plants."] Wastewater Technology Fact Sheet. Document no. EPA 832-F-00-016.</ref>
 
Un tipo de sistema que combina o tratamento secundario e a sedimentación é o sistema de [[lodos activados cíclicos]] (CASSBR). Tipicamente, os [[lodos activados]] mestúranse con augas residuais sen tratar, e despois mestúrase e airéase todo. O lodo sedimentado retírase e volve a airearse antes de que unha parte se reutilice.<ref>EPA. Washington, DC (1999). [http://www.epa.gov/npdes/pubs/sbr_new.pdf "Sequencing Batch Reactors."] Wastewater Technology Fact Sheet. Document no. EPA 832-F-99-073.</ref>
 
A desvantaxe do proceso CASSBR é que require un control preciso dos tempos, a mestura e a aireación. Esta precisión conséguese tipicamente con controis computerizados e sensores. Un sistema tan complexo e fráxil é pouco axeitado para sitios onde estes controis poden non ser fiables, teñen un mal mantemento, ou a subministración eléctrica pode ser intermitente. As plantas "de paquete" de [[aireación ampliada]] utilizan cubetas separadas para a aireación e a sedimentación, e son algo maiores que as plantas de reactores por lotes secuenciados, e teñen tempos reducidos de sensibilidade.<ref>{{Cita libro | author=Hammer, Mark J. | title=Water and Waste-Water Technology | year=1975 |publisher=John Wiley & Sons | pages=390–391 | isbn=0-471-34726-4}}</ref>
Liña 203:
== Tratamento no medio ambiente receptor ==
[[Ficheiro:MiRO3.jpg|miniatura|A estación de depuración de [[Karlsruhe]], Alemaña verte no [[río Alb]] no norte da [[Selva Negra]].]]
Moitos dos procesos realizados nas [[EDAR|estacións de depuración de augas residuais]] están deseñados para imitar os procesos que ocorren no medio ambiente, tanto se este é un corpo de auga natural como se é a terra e subsolo. Se non están sobrecargadas, as bacterias do medio ambiente consomen os contaminantes orgánicos, aínda que isto reduce os niveis de oxíxeno na auga e pode cambiar significativamente a [[ecoloxía]] global das augas receptoras. As poboacións de bacterias nativas aliméntanse dos contaminantes orgánicos, e as cifras de microorganismos patóxenos presentes son reducidas polas condicións do ambiente natural como a exposición á predación ou á radiación ultravioleta. En consecuencia, en casos en que o medio ambiente receptor proprociona un alto nivel de dilución, non é necesario que haxa un alto grao de tratamento das augas residuais. Porén, hai probas recentes que demostran que se hai niveis moi baixos de contaminantes específicos nas augas residuais, incluíndo [[hormona]]s (procedentes da cría gandeira e residuos de hormonas contraceptivas humanas) ou de materiais sintéticos como [[ftalato]]s, que imitan na súa acción ás hormonas, poden ter un impacto adverso impredicible na biota natural e potencialmente nos humanos se a auga se reutiliza como auga potable.<ref> Environment Agency (archive) – Persistent, bioaccumulative and toxic PBT substances at the Wayback Machine (archived August 4, 2006). environment-agency.gov.uk. Retrieved on 2012-12-19^[http://www.environment-agency.gov.uk/business/444304/1290036/1290100/1290353/1294402/1311542/?version=1&lang=_e]</ref><ref>[http://planetearth.nerc.ac.uk/news/story.aspx?id=297 Natural Environmental Research Council – River sewage pollution found to be disrupting fish hormones]. Planetearth.nerc.ac.uk. Retrieved on 2012-12-19.</ref><ref> Endocrine Disruption Found in Fish Exposed to Municipal Wastewater at the Wayback Machine (archived October 15, 2011). USGS [http://toxics.usgs.gov/highlights/wastewater_fish.html]</ref> Na [[Unión Europea]] e [[EUA]], os vertidos incontrolados de augas residuais ao medio ambiente non están permitidas pola lei, e existen requirimentos estritos sobre a cualidade da auga vertida. Un importante problema nas próximas décadas será o incremento de vertidos de augas residuais incontrolados nos países en desenvolvemento.
 
As augas residuais poden verterse en estanques de estabilización (ou de tratamento), que poden ser dos seguintes tipos:
Liña 210:
* Estanques de limpeza, que son similares aos de oxidación pero reciben o efluente procedente dun estanque de oxidación ou dunha estación de tratamento que realiza un tratamento mecánico ampliado.
:* Dominadas polo [[zooplancto]].
* Lagoas facultativas, lagoas de augas residuais sen tratar, nas que se engaden as augas residuais sen sometelas antes a un tratamento primario agás un cribado moi básico. Proporcionan un tratamento efectivo cando a superficie permanece aeróbica; aínda que se poden dar condicións anaeróbicas preto das capas sedimentadas de lodos do fondo.<ref name="Metcalf & Eddy">Metcalf & Eddy, Inc. (1972). Wastewater Engineering. New York: McGraw-Hill Book Company. ISBN 0-07-041675-3. </ref><sup>Páx. 552–554</sup>
* Os estanques anaeróbicos son estanques moi cargados.
:* Dominados por [[bacteria]]s.
* Os estanques de lodos son estanques aeróbicos, xeralmente de 2 a 5 metros de profundidade, que reciben lodos primarios dixeridos anaerobicamente, ou lodos secundarios activados baixo a auga.
:* As capas superiores están dominadas por algas. <ref>{{Cita publicación periódica|doi=10.1080/00288330.1968.9515271|author=Haughey, A. |year=1968|title=The Planktonic Algae of Auckland Sewage Treatment Ponds|journal=New Zealand Journal of Marine and Freshwater Research|volume=2|issue=4|page=721}}</ref>
 
=== Efectos biolóxicos ===