Poríferos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxos varios
m Arranxos varios using AWB
Liña 28:
O aspecto corporal das esponxas é moi variado aínda que a forma máis sinxela e característica é a dun "saco" cunha abertura eferente e grande na parte superior, o [[ósculo]], que é por onde sae a auga, e moitos poros aferentes ou ostiolos máis ou menos pequenos nas paredes, que é por onde entra a auga. Os ostiolos e os ósculos están unidos por un sistema de condutos e cavidades que é dunha complexidade diferente nas distintas especies.
 
A filtración do alimento prodúcese na cámara interna do animal, feita por un tipo celular especializado e único dos poríferos: os [[coanocito]]s. Estas células semellan protozoos [[Choanoflagellata|coanoflaxelados]], cos que se pensa que deben estar relacionados [[filoxenia|filoxeneticamente]] dalgunha maneira.
 
Se isto fose certo, podería demostrarse que o que hoxe en día son animais [[pluricelular]]es deberon de ser hai moito tempo simples agregados de animais [[unicelular]]es sen unha relación de parentesco directa.
Liña 34:
Carecen de sistema nervioso e de órganos ou elementos contráctiles, o que nos fala dun baixo nivel de integración no seu comportamento, e cun grao limitado de individualidade das esponxas que viven en colonias (presentando estas límites imprecisos e escasa autonomía).
 
Existen esponxas que teñen unha forma corporal moi definida; outras crecen indefinidamente ata que atopan con outra esponxa en crecemento, outras incrústanse nas rochas, afuracándoas etc.
 
A súa parede corporal está composta de fibras elásticas de [[coláxeno]] (parte proteica do esqueleto) e de espículas silíceas ou calcáreas (dependendo da clase á que pertenza), que son a parte mineral do esqueleto e o que lle dá dureza. A rixidez desta parede corporal variará segundo haxa máis parte proteica (máis flexíbel) ou máis parte mineral (máis dura e ríxida). As fibras de coláxeno atópanse entretecidas unhas coas outras e coas espículas.
Liña 65:
# cámara dos [[coanocito]]s
# poro inhalante ou ostíolo
# canal inhalante
 
:O coanoderma, constituído por [[coanocito]]s aparece en vermello.
Liña 72:
== Clasificación ==
=== Taxonomía ===
Sistematicamente as esponxas clasifícanse en función da súa estrutura e esqueleto en 4 grandes clases:
 
'''Clase ''[[Calcispongiae]]''''' ou '''''Calcarea''''' (calcisponxas ou esponxas calcareas)
Liña 124:
{{Wikispecies|Porifera}}
{{Commons|Category:Porifera}}
 
 
{{Filos do reino animal}}