Northern blot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Northern Blot Scheme.PNG|miniatura|Diagrama sobre o procedemento xeral para a detección de ARN por northern blot.]]
 
O '''northern blot''' (transferencia northern) é unha técnica utilizada en [[bioloxía molecular]] para estudar a [[expresión xénica]] por medio da detección de [[ARN]] (ou [[ARNm]] illado) nunha mostra.<ref name="Alberts2008" /><ref name=Kevil1997>Kevil, C. G., Walsh, L., Laroux, F. S., Kalogeris, T., Grisham, M. B., Alexander, J. S. (1997) An Improved, Rapid Northern Protocol. Biochem. and Biophys. Research Comm. 238:277–279.</ref>
 
Co northern blot é posible observar o control celular sobre as estruturas e funcións determinando os niveis de expresión xénica particulares durante a [[diferenciación celular|diferenciación]], [[morfoxénese]], e en condicións patolóxicas ou anormais.<ref name=Schlamp2008>{{Cita publicación periódica | last1 = Schlamp | first1 = K. | last2 = Weinmann | first2 = A. | last3 = Krupp | first3 = M. | last4 = Maass | first4 = T. | last5 = Galle | first5 = P. R. | last6 = Teufel | first6 = A. | year = 2008 | title = BlotBase: A northern blot database | url = | journal = Gene | volume = 427 | issue = 1–2| pages = 47–50 | doi = 10.1016/j.gene.2008.08.026 | pmid = 18838116}}</ref> No northern blot utilízase primeiro [[electroforese]] para separar mostras de ARN polo seu tamaño e despois faise unha detección con [[sonda de hibridación|sondas de hibridación]] complementarias dunha parte da secuencia completa diana. Sendo moi específico, o termo "northern blot" refírese, en realidade, só á transferencia por capilaridade do ARN desde o xel de electroforese á membrana de transferencia, mentres que o proceso completo xeralmente se denominaría "northern blotting".<ref name=Trayhurn1996>Trayhurn, P. (1996) Northern Blotting. Pro. Nutrition Soc. 55:583–589.</ref> A técnica do northern blot foi desenvolvida en 1977 por James Alwine, David Kemp, e George Stark na [[Universidade de Stanford]].<ref>{{Cita publicación periódica |author=Alwine JC, Kemp DJ, Stark GR |title=Method for detection of specific RNAs in agarose gels by transfer to diazobenzyloxymethyl-paper and hybridization with DNA probes |journal=Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. |volume=74 |issue=12 |pages=5350–4 |year=1977 |pmid=414220| doi = 10.1073/pnas.74.12.5350 |pmc=431715}}</ref> O northern blot recibiu ese nome facendo un xogo de palabras coa técnica previa do [[Southern blot]], denominada así polo biólogo que a inventou, [[Edwin Southern]] (neste caso como é un apelido escríbese con maiúscula; western blot non é necesario escribilo con maiúscula, aínda que moitas veces tamén se fai por analoxía).<ref name=Alberts2008>Alberts, B., Johnson, A., Lewis, J. Raff, M., Roberts, K., Walter, P. 2008. Molecular Biology of the Cell, 5th ed. Garland Science, Taylor & Francis Group, NY, pp 538–539.</ref> A principal diferenza entre estas dúas técnicas é que no northern blot analízase ARN e no Southern blot ADN.<ref name=Bor2006>{{Cita publicación periódica | last = Bor | year = 2006 | first1 = Y.C. | last2 = Swartz | first2 = J. | last3 = Li | first3 = Y. | last4 = Coyle | first4 = J. | last5 = Rekosh | first5 = D. | last6 = Hammarskjold | first6 = Marie-Louise | title = Northern Blot analysis of mRNA from mammalian polyribosomes | journal = Nature Protocols | doi = 10.1038/nprot.2006.216 | postscript =}}</ref>
 
== Procedemento ==