Unidade astronómica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{outroshomónimos|UA}}
 
A '''unidade astronómica''' (UA) é unha unidade de distancia aproximadamente igual á distancia [[Media (matemáticas)|media]] (xa que as órbitas son elípticas) entre a [[Terra]] e mailo [[Sol]]. É bastante utilizada en [[astronomía]] para expresar a [[órbita]] dos planetas e outros corpos celestes no ámbito da astronomía planetaria, e equivale aproximadamente a 149 597 870 700 metros.
 
== Definición ==
É o radio da órbita circular dun planeta de masa desprezable e libre de perturbacións cuxo movemento medio é de “K” [[radián]]s por día á volta do Sol, onde “K” é a [[constante gravitacional]] de [[Gauss]], coa unidade de tempo do [[día solar]] e a unidade de masa, a masa do Sol. Esa unidade está, entón, relacionada coas dimensións do sistema solar e co movemento da Terra.
 
En termos prácticos, a unidade astronómica pode ser definida como a distancia media entre a [[Terra]] e o [[Sol]].
 
A súas relacións con outras unidades de distancia utilizadas na astronomía son:
 
** 1 [[ano luz]] = 63.241,07710 UA.