Oxidorredución: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 18:
}}
 
Chámase '''oxidorredución'''<ref>DRAG [http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=%C3%B3xidorreduci%C3%B3n DRAG]</ref> ou reacción de '''oxidación-redución''' ou de '''redución-oxidación''' ou reacción '''redox''' a toda [[reacción química]] na cal os átomos cambien o seu [[estado de oxidación]]; en xeral, as reaccións redox implican a transferencia de [[electrón]]s entre [[especie química|especies químicas]].
 
A reacción pode ser ou ben un proceso redox simple, como a oxidación do [[carbono]] para dar [[dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>) ou a redución do carbono polo [[hidróxeno]] para orixinar [[metano]] (CH<sub>4</sub>), ou ben un proceso complexo como a oxidación da [[glicosa]] (C<sub>6</sub>H<sub>12</sub>O<sub>6</sub>) no [[metabolismo]] humano por medio dunha serie de complexos procesos de [[transferencia de electróns]].
Liña 33:
Os termos oxidante/redutor e oxidado/reducido ás veces orixinan confusión, polo que debe terse en conta o seguinte:
* '''Oxidante''' ou axente oxidante é (na definición xeral utilizada) o que capta electróns, polo que o seu estado de oxidación diminúe (polo que el se reduce). Pero ao quitarlle electróns a outra substancia, esa outra substancia oxídase (perde electróns).
* '''Redutor''' ou axente redutor é o que cede electróns, polo que o seu estado de oxidación aumenta (polo que el se oxida). Pero ao ceder electróns a outra substancia, esa outra substancia redúcese (gaña electróns).
 
== Etimoloxía ==
Liña 51:
=== Oxidantes ===
 
As substancias que teñen a capacidade de '''oxidar''' a outras substancias (facendo que perdan electróns) dise que son '''oxidantes''' ou oxidativas e denomínanse [[axente oxidante|axentes oxidantes]] ou oxidantes. É dicir, o oxidante (axente oxidante) quita electróns doutra substancia, e dese modo el queda reducido. Como "acepta" electróns, o axente oxidante tamén se chama [[aceptor de electróns]]. O oxidante prototípico é o [[oxíxeno molecular|oxíxeno]].
 
Os oxidantes son xeralmente substancias químicas que teñen elementos con altos estados de oxidación (por exemplo, [[peróxido de hidróxeno]] (H<sub>2</sub>O<sub>2</sub>), permanganato (MnO<sub>4</sub><sup>-</sup>), trióxido de cromo (CrO<sub>3</sub>), dicromato (Cr<sub>2</sub>O<sub>7</sub><sup>2-</sup>), óxido de osmio (VIII) (OsO<sub>4</sub>), ou substancias cos elementos máis [[electronegatividade|electronegativos]] ([[oxíxeno molecular|oxíxeno]] (O<sub>2</sub>), [[flúor]] (F<sub>2</sub>), [[cloro]] (Cl<sub>2</sub>), [[bromo]] (Br<sub>2</sub>]]), todos os cales poden gañar facilmente electróns extra oxidando outras substancias.
Liña 145:
 
* A [[combustión]] de [[hidrocarburo]]s, como nun [[motor de combustión interna]], que produce [[auga]], [[dióxido de carbono]], algunhas formas parcialmente oxidadas como o [[monóxido de carbono]], e [[enerxía]] calorífica. A oxidación completa de materiais que conteñan [[carbono]] produce dióxido de carbono.
 
* En [[química orgánica]], a oxidación paso a paso dun hidrocarburo polo oxíxeno produce auga e, sucesivamente, un [[alcohol]], un [[aldehido]] ou unha [[cetona]], un [[ácido carboxílico]], e despois un [[peróxido]].
 
Liña 154 ⟶ 153:
* O termo [[corrosión]] refírese á oxidación electroquímica de metais nunha reacción cun oxidante como o oxíxeno. O enferruxamento ou oxidación do ferro, que é a formación de [[óxido de ferro|óxidos de ferro]], é un bo exemplo de corrosión electroquímica; orixínase como resultado da oxidación do metal [[ferro]]. A ferruxe común xeralmente é [[óxido de ferro(III)]], formado na seguinte reacción química:
 
::4Fe + 3O<sub>2</sub> → 2Fe<sub>2</sub>O<sub>3</sub>
 
* A oxidación do ferro(II) a ferro(III) polo [[peróxido de hidróxeno]] en presenza dun ácido é: