Intelixencia artificial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
Defínese a '''intelixencia artificial''' ('''IA''') como aquela [[intelixencia]] exhibida por artefactos creados por humanos (é dicir, artificial). A miúdo aplícase hipoteticamente aos [[computador]]es. O nome tamén se usa para se referir ao campo da investigación científica que intenta acercarse á creación de tales sistemas.
Debido á multiplicidade de pais que tivo a intelixencia artificial, non hai un consenso para definir ese concepto, mais podemos dicir que a intelixencia artificial encárgase de modelar a intelixencia humana en sistemas [[computación|computacionais]].
 
Pode dicirse que a intelixencia artificial é unha das áreas máis fascinantes e con máis retos das ciencias da computación, na súa área de [[ciencias cognoscitivas]]. Naceu como mero estudo [[filosofía|filosófico]] e razonístico da intelixencia humana, mesturada coa inquietude do home por imitar a natureza circundante (como voar e nadar), ata inclusive querer imitarse a si mesmo. En resumo, a intelixencia artificial procura imitar a intelixencia humana. Obviamente non o logrou aínda, ao menos non completamente.
 
Existen cinco puntos de vista principais sobre estes sistemas:
Liña 16:
 
== Historia da intelixencia artificial ==
En [[1937]], o matemático inglés [[Alan Mathison Turing]] ([[1912]]-[[1953]]) publicou un artigo de bastante repercusión sobre os "Números Calculábeis", que pode considerarse a orixe oficial da [[Informática Teórica]].
 
Turing, neste artigo, presentou a [[Máquina de Turing]], unha entidade matemática abstracta que formalizou o concepto de [[algoritmo]] e resultou ser a precursora das computadoras dixitais. Coa axuda da súa máquina, Turing puido demostrar que existen problemas irresolúbeis, dos que ningún [[computador]] será capaz de obter a súa solución, polo que a Alan Turing considérase o pai da [[teoría da computabilidade]].
 
Tamén se considera o pai da intelixencia artificial, pola súa famosa [[Proba de Turing]], que permitiría comprobar se un programa de computador pode ser tan intelixente como un ser humano.
 
A historia da intelixencia artificial pasou por diversas situacións:
Liña 43:
*En [[1956]], cuñouse o termo "intelixencia artificial" en [[Dartmouth, Massachusetts|Dartmouth]] durante unha conferencia convocada por McCarthy, á cal asistiron, entre outros, [[Minsky]], [[Newell]] e [[Simon]]. En esta conferencia fixéronse previsións triunfalistas a dez anos que nunca se cumpriron, o que provocou o abandono case total das investigacións durante quince anos.
*En [[1980]] a historia repítese co desafío xaponés da quinta xeración, que deu lugar ao auxe dos sistemas expertos, mais que non alcanzou moitos dos seus obxectivos, polo que este campo sufriu unha nova detención nos anos noventa.
*En [[1987]] [[Martin Fischles]] e [[Oscar Firschein]] describiron os atributos dun axente intelixente. Ao intentar describir cun maior ámbito (non só a comunicación) os atributos dun axente intelixente, a IA estendeuse a moitas áreas que crearon ramas de investigación enormes e diferenciadas. Ditos atributos do axente intelixente son:
 
#Ten actitudes mentais tales como crenzas e intencións
Liña 57:
#Pode entender e utilizar a linguaxe e os seus símbolos.
 
Podemos entón dicir que a IA inclúe características humanas tales como a aprendizaxe, a adaptación, o razoamento, a autocorrección, o melloramento implícito, e a percepción modelar do mundo. Así, podemos falar xa non só dun obxectivo, senón de moitos dependendo do punto de vista ou utilidade que poida atoparse á IA.
 
Moitos dos investigadores sobre IA sosteñen que "a intelixencia é un programa capaz de ser executado independentemente da máquina que o execute, computador ou cerebro".