Escravitude: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
:''Para o artigo referido ao lugar do concello de Padrón chamado '''A Escravitude''', véxase [[A Escravitude, Cruces, Padrón]]''.
[[Ficheiro:Slavezanzibar2.JPG|280px|dereita|miniatura|Un neno escravo en [[Zanzíbar]].]]
O termo '''escravitude''' designa a condición social do '''escravo''', un [[traballo (socioloxía)|traballador]] non libre e, polo xeral, non remunerado, que é xuridicamente a [[propiedade]] doutra persoa e, en consecuencia, negociábel, como un obxecto. En sentido lato, a '''escravitude''' ou '''escravismo''' é o sistema socio-económico fundado sobre o mantemento e a [[explotación]] de persoas en ditas condicións.
 
Os escravos están obrigado a obedecer todas as ordes do seu amo desde o momento en que adquiren tal condición (sexa desde o nacemento ou noutro calquera momento da súa vida no que se efectuase o paso ao estado de escravo) ata o cesamento de tal status (por morte ou por ser liberado).
 
En tanto que [[propiedade]], o escravo pode ser obxecto das transferencias inherentes á noción de propiedade: pode ser comprado, vendido e aínda alugado.
Liña 15:
O termo "moderno" escravitude ven do [[latín]] medieval ''sclavus'' deformación de ''slavus'' (''eslavo''), do grego ''sklabos''. A palabra «escravo» aparecería na [[Alta Idade Media]] en [[Venecia]], onde a maioría dos escravos eran [[eslavo]]s procedentes dos Balcáns ''(rexión que por longo tempo foi chamada «Esclavonia» e da que parte, denominada aínda [[Eslovenia]], accedeu recentemente á independencia)''.
 
En Roma onde se practicaba a escravitude, o latín dispuña evidentemente dun termo para designar o escravo: ''servus'', de onde proceden os vocábulos ''servil'' e ''servilismo'' (relativos ao escravo e a súa condición), así como ''servo'', tan difundido na Idade Media e os modernos ''servizo'', ''servidor'' etc., con cambios de sentidos na súa evolución. O termo [[servidume]] úsase actualmente en sentido especializado, restrinxíndose para as formas medievais e outras similares en diferentes épocas, e diferénciase da ''escravitude'', por canto se entende que os ''servos'' tiñan certos dereitos.
 
=== Definición da R.A.G. ===
O ''Diccionario'' da [[Real Academia Galega]] define ''escravitude'' como ''condición ou estado de escravo''. E define o escravo así: ''persoa que non goza de liberdade cívica, que está baixo a dependencia total dun xefe ou dun Estado''. Engade outras definicións figuradas.
 
=== Definicións xurídicas ===
Liña 24:
Varios documentos internacionais propoñen definicións da escravitude:
 
* A [[Convención relativa á escravitude (1926)]] da [[Sociedade de Nacións]] dispón no seu primeiro artigo que "A escravitude é o estado ou condición dun individuo sobre do cal se exercen as atribucións do dereito de propiedade ou algunhas de entre elas". O artigo define tamén a trata de escravos como "todo acto de captura, adquisición ou cesión dun individuo con vistas a reducilo á escravitude; todo acto de adquisición dun escravo con vistas a vendelo ou trocalo; todo acto de cesión por venda ou troca dun escravo adquirido con vistas a ser vendido ou trocado, así como, en xeral, todo acto de comercio ou transporte de escravos".<br />
* A [[Organización Internacional do traballo]] adoptou en 1930 unha definición de traballo forzado que se pode achegar á de escravitude: "o termo traballo forzado ou obrigatorio designará todo traballo ou servizo esixido a un individuo so a ameaza dunha pena calquera e para o cal o dito individuo non se ofrecera de grao pleno".<br />
* A [[Convención sobre a abolición da Escravitude (1956)]] da [[Organización das Nacións Unidas|ONU]] remite á definición de 1929, engadindo ao artigo primeiro a lista de varias "institucións e prácticas análogas á escravitude", así: [[servidume por débedas]], [[servidume]], [[matrimonio forzado]] etc.
 
Liña 47:
Aínda que hai precedentes antigos de abolicionismo do escravismo, os intentos só lograrán éxito a partir de fins do século XVIII e comezos do XIX. De modo, que algúns estudosos, ligan este éxito á difusión do [[maquinismo]] como consecuencia da [[Revolución industrial]].
 
Un dos primeiros intentos é o do [[Imperio de Mali]], que prohibe a escravitude no século XIII, so o goberno de [[Sundiata Keita]], mais é restabelecida polo [[paxá]] marroquí [[Djuder]] en 1591 (sería de novo abolida en 1891 logo da ocupación colonial polos franceses).
 
En Europa foi Portugal o primeiro país que aboliu a escravitude, para o seu territorio continental, illas atlánticas de Azores e Madeira e factorías indias de [[Goa]] e [[Diu]], por un decreto de 12 de febreiro de 1761 emitido polo Marqués de Pombal. Porén sería mantida nas súas colonias africanas e americanas.
 
En Francia, o 16 de pluvioso do ano II (14 de febreiro de 1794), a [[Convención revolucionaria francesa|Convención]] votou a abolición do escravismo nas colonias francesas (ou nas que aínda quedaba). Esta medida será anulada por Napoleón Bonaparte.
 
En [[1833]] é abolida pola Gran Bretaña e en [[1847]] polo Imperio Otomano. De novo na Francia en 1848 se emite un novo decreto de abolición (27 de abril de 1848), que é definitivo para o seu territorio europeo.
 
Ao longo do século XIX os países hispanoamericanos, antigas colonias españolas, foron proclamando a abolición da escravitude nos seus respectivos territorios. A abolición total non tería lugar en Cuba ata [[1886]]. Brasil será o último dos países latinoamericanos en abolila, aínda en [[1888]].