Vicerreinado de Nova España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 84:
}}
[[Ficheiro:Map of the Viceroyalty of New Spain.svg|miniatura|300px|'''Máxima extensión do Vicerreinado de Nova España''', coa incorporación da [[Luisiana (Nova Francia)|Luisiana]] (1764 - 1803). En verde claro o territorio non controlado de forma efectiva, pero reclamado como parte do vicerreinado.]]
O '''Vicerreinado de Nova España'''<ref name="Diciopedia">Ver entrada de «Portocarrero Lasso de Vega, Melchor». {{cita libro |título=Diciopedia do século 21 |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editor=Editorial Galaxia |páxina=1679|volume=3}}</ref> foi unha [[estado|entidade territorial]] integrante do [[Imperio español]], establecida pola [[Monarquía Española|Coroa]] durante a etapa do seu dominio no Novo Mundo, entre os [[século XVI|séculos XVI]] e [[século XIX|XIX]]. Foi creada tras a conquista dos pobos indíxenas establecidos na zona meridional de [[América do Norte]].
 
A conquista iniciouse en [[1519]] e propiamente non concluíu até moito despois, xa que o territorio da Nova España seguiu crecendo cara ao norte, a costa dos territorios dos pobos indíxenas do deserto, algúns dos cales nunca foron sometidos polos españois. A conquista da Nova España tivo un dos seus momentos máis importantes coa derrota de [[Tenochtitlán|México-Tenochtitlan]] por parte das tropas de [[Hernán Cortés]] en [[1521]].
 
O Vicerreinado de Nova España foi creado oficialmente o [[8 de marzo]] de [[1535]]. O seu primeiro vicerrei foi [[Antonio de Mendoza y Pacheco]], e a capital do vicerreinado foi a [[Ciudad de México]] establecida sobre a antiga [[Tenochtitlán]].
Liña 96:
[[Carlos III de España]] introduciu reformas na organización do vicerreinado en [[1786]], coñecidas como [[reformas borbónicas na Nova España]], nas que creaba as [[intendencia]]s, que permitiron limitar, en certa forma, as atribucións do vicerrei.
 
Desde principios do [[século XIX]] o vicerreinado caeu en crise, agravada pola [[Guerra da Independencia española]], e a súa consecuencia directa no vicerreinado, a [[Crise política de 1808 en México|crise política de 1808]], que acabou co goberno de [[José de Iturrigaray]] e máis adiante deu pé á [[Conxura de Valladolid]] e á [[conspiración de Querétaro]]. Esta última foi o antecedente directo da [[Guerra de Independencia de México|guerra de independencia mexicana]], a que, ao concluír en [[1821]], desintegrou o vicerreinado e deu paso ao [[Primeiro Imperio Mexicano|Imperio Mexicano]], no que finalmente se coroaría [[Agustín de Iturbide]].
 
O medio físico era variado, composto pola combinación de climas temperados (centro de México), áridos (norte) e fríos (serras [[Serra Madre Oriental|Madre Oriental]] e [[Serra Madre Occidental|Occidental]]).
Liña 104:
[[Ficheiro:Viceroyalty_of_the_New_Spain_1819_(without_Philippines).png|miniatura|200px|'''A Nova España en 1819''', despois do [[Tratado de Adams-Onís]].<br><small>Non incluídos os territorios insulares do Océano Pacífico</small>.]]
=== Capitanía Xeneral de Guatemala ===
A '''Capitanía Xeneral de Guatemala''', denominación administrativa do [[Reino de Guatemala]], foi a segunda en importancia do vicerreinado e foi fundada por orde de Carlos I en [[1536]]. Contra [[1609]], a Real Audiencia dictaminou que o vicerrei de Nova España non debería ser, en ningún caso, o gobernador de Guatemala. Isto supuxo un grande avance na autonomía da rexión. A primeira capital do reino foi [[Departamento de Gracias a Dios|Gracias a Dios]], en [[Honduras]], pero en [[1549]] foi trasladada ao que hoxe é [[Antigua Guatemala]]. En [[1773]] unha serie de [[Terremotos de Santa Marta|terremotos]] provocaron o cambio da capital, polo que o novo emprazamento destinado para albergar a sede da Capitanía foi [[Nueva Guatemala de la Asunción]]. A promulgación da [[Constitución de Cádiz]] abre na Capitanía unha nova etapa de [[liberalismo]], coa que se logrou aínda máis liberdade e independencia do resto de [[España]].
 
En [[1821]] proclámase a [[Independencia de Centroamérica|independencia]], e dous anos máis tarde as cinco provincias —[[Provincia de Ciudad Real de Chiapas]], [[Provincia de Guatemala]], [[Provincia de San Salvador]], [[Provincia de Comayagua]] e [[Provincia de Nicaragua y Costa Rica]]— eríxense nas [[Provincias Unidas de Centroamérica]], tras a caída de [[Agustín I]] como [[Primeiro Imperio Mexicano|emperador de México]]. Porén, [[Chiapas]] incorpórase á nacente [[México|República mexicana]], mentres que as outras provincias formaron os actuais países de [[Guatemala]], [[Belize]], [[El Salvador]], [[Honduras]], [[Nicaragua]] e [[Costa Rica]].
Liña 110:
=== Capitanía Xeneral de Iucatán ===
[[Ficheiro:Intendencia de yucatán.PNG|miniatura|140px|Capitanía Xeneral de Iucatán.]]
A '''Capitanía Xeneral de Iucatán''' foi unha gobernación e capitanía xeneral (zona administrativa) pertencente a [[coroa de Castela|Castela]] creada en [[1565]] e que estaba baixo a dependencia directa do rei para asuntos militares e de goberno.
 
Porén, ao non contar cunha [[Real audiencia]], debía acudir á Real audiencia de México, no Vicerreinado de Nova España para solucionar os asuntos xurídicos. O vicerrei da Nova España tamén podía nomear gobernadores interinos na provincia de Iucatán, mentres que o rei non nomeaba ao seu.
 
A "''Provincia e Capitanía Xeneral de Iucatán''" abarcaba os actuais [[territorio]]s [[México|mexicanos]] de [[Estado de Campeche|Estadi de Campeche]], [[Quintana Roo]], [[Tabasco]], [[Estado de Iucatán|Iucatán]], á vez que, nominalmente, lle correspondían os territorios do norte do [[Petén]] e o actual [[Belize]].
 
Esta Capitanía Xeneral foi creada a partir das conquistas capitaneadas por [[Francisco de Montejo]] o Adelantado que, xunto co seu [[Francisco de Montejo y León (o Mozo)|fillo]] e o seu [[Francisco de Montejo (o Sobriño)|sobriño]], homónimos, dominaron os grupos [[Cultura maia|maias]] que habitaban a [[península de Iucatán]] á súa chegada nos albores dp [[século XVI]]. Estes grupos, que presentaron aguerrida defensa do seu territorio, eran os descendentes dos que integraron a coalición de estados que se formara e disolvida tempo antes da chegada dos españois, e que se denominara [[Liga de Mayapán]]. A conquista de Iucatán foi a máis tardía das que finalmente integraron o vicerreinado da Nova España, toda vez que os últimos redutos maias non foron dominados integramente até o ano de [[1697]] —é dicir, máis de século e medio despois da [[Conquista do Imperio Azteca|conquista de México]]—, coa conquista de [[Tayasal]].<ref name="Molina Solís 1896">Molina Solís, Juan Francisco (1896): ''Historia del Descubrimiento y Conquista de Yucatán''. Mérida, Yucatán.</ref>
Liña 122:
{{VT|Conquista do Imperio Azteca}}
[[Ficheiro:Cortes.jpg|esquerda|miniatura|300px|Nacido contra [[1485]] en [[Medellín]], [[Extremadura]], [[Hernán Cortés]] chegou a [[México]] como aventureiro dirixindo a expedición enviada por Velázquez, seu cuñado. Considerado polos [[azteca]]s como o seu deus Quetzalcóatl, o conquistador foi sancionado por Pánfilo de Narváez, a quen derrotou en [[Veracruz]]. Fundador do Vicerreinato de Nova España, tivo un fillo coa [[Malinche]] (Malintzin), a súa intérprete indíxena, [[Martín Cortés]], quen anos máis tarde levantaríase contra a Coroa. Morreu o [[2 de decembro]] de [[1547]], na pobreza, despois de ser acusado de conspiración contra o rei.]]
Tras a conquista do [[Reino de Granada|reino nazarí de Granada]] en [[1492]], [[Fernando II de Aragón]] e [[Isabel I de Castela]], unidos en matrimonio, financiaron a expedición de [[Cristóbal Colón]], quen descubriu [[América]] o [[12 de outubro]].
 
Os españois continuaron explorando o Novo Mundo e, en [[1517]], [[Francisco Hernández de Córdoba, descubridor de Iucatán|Francisco Hernández de Córdoba]] chegou á costa de [[Estado de Iucatán|Iucatán]]. Despois de dous enfrontamentos cos maias, Hernández de Córdoba foi ferido e morreu ao seu regreso a [[Cuba]].
 
En [[1518]] [[Juan de Grijalva]] chegou a [[Estado de Campeche|Campeche]] e [[Tabasco]]. Neste último lugar entrevistouse co [[cacique]] ou gobernador maia [[Tabscoob]] e escoitou falar acerca dunha cidade poderosa, capital do imperio máis grande de Mesoamérica, a [[México-Tenochtitlán|Gran Tenochtitlán]], culminando a súa viaxe en [[Veracruz]].
[[Ficheiro:Batalla de Centla.jpg|250px|miniatura|Mural que representa a [[Batalla de Centla]], [[Tabasco]], en [[1519]].]]
 
En [[1519]], e designado por [[Diego Velázquez de Cuéllar]], gobernador de [[Cuba]] (chamada daquela Fernandina, en honor ao rei de [[Reino de Aragón|Aragón]]), [[Hernán Cortés]] zarpou cun pequeno exército e chegou aos territorios que se descubriran en febreiro.
 
En marzo arribou a Tabasco, onde derrotou aos indíxenas na [[Batalla de Centla]], fundando a vila de [[Santa María de la Victoria]] que sería a primeira poboación española na Nova España. Foi alí onde o agasallaron a [[Malintzin]], que sería a súa gran tradutora e peza clave na conquista.
 
Continuou a súa viaxe e fundou a [[Veracruz|Villa Rica de la Veracruz]] en territorio azteca, primeira vila europea institucionalizada no Novo Mundo. O [[8 de novembro]], Cortés chegou a México-Tenochtitlán.<ref>{{cita web
Liña 142:
[[Ficheiro:Cortés Ruta Cuba-Tenochtitlan.png|miniatura|250px|<small>Campaña de Cortés, desde [[Veracruz]] até [[México-Tenochtitlán]] ([[1519]]-[[1521]]).</small>]]
 
Varias premonicións en anos anteriores fixeron crer a [[Moctezuma Xocoyotzin]], [[Imperio azteca|soberano azteca]] ou ''[[tlatoani]]'', que a fin do seu imperio estaba cerca. Unha antiga profecía rezaba que [[Quetzalcóatl]], fundador do imperio, volvería baixo a aparencia dun home branco e barbado. Por iso, ao ver a Cortés, creu que a profecía se cumpría e hospedouno no seu palacio, construído por [[Axayácatl]]. Os españois decidiron aproveitar a situación para obter riquezas e influencia dentro da corte azteca. Varios sectores da sociedade non se conformaron e decidiron facer ver a Moctezuma o seu erro, pero o tlatoani negouse a aceptar a súa culpa.
 
En [[xuño]] de [[1520]], un puñado de homes españois detiveron a Moctezuma e proclamaron a conquista, pero o pobo amotinouse. Cortés ordenou a Moctezuma que saíra a calmar aos seus súbditos que, en lugar de obedecer ao seu monarca, comezaron a apedrar. O emperador morreu poucos días despois. [[Cuitláhuac]], irmán de Moctezuma e señor de [[Iztapalapa]] foi elixido ''[[tlatoani]]'' de Tenochtitlan e, en resposta á ''[[Matanza do Templo Maior]]'',<ref>Esta matanza ocorreu poucos días despois do motín que depuxo a Moctezuma. Cortés debeu saír da metrópole, dado que un emisario de Velázquez, [[Pánfilo de Narváez]], esperábao na costa veracruzana para combater con el pola súa desobediencia ao gobernador de Cuba. Alvarado aproveitou a ausencia do seu superior para ordenar o avance das súas tropas sobre una festa indíxena realizada no [[Templo Maior]], morrendo no acto máis de cincocentas persoas, contando mulleres e nenos.</ref> decidiu lanzar ao pobo contra os españois o [[30 de xuño]]. As estratexias indíxenas coa axuda dos [[Tlatelolca|tlatelolcastlatelolca]]s lograron botar da cidade aos conquistadores, que nesa acción perderon cerca de mil soldados e varios caudais de diñeiro e ouro. Dise que Cortés chorou derrotado ao pé dun [[ahuehuete]], polo que se coñece este feito como ''[[Noite Triste]]''.<ref>{{cita web
|url = http://www.artehistoria.jcyl.es/cronicas/contextos/11361.htm
|título = La conquista de la Nueva España.
Liña 163:
}}</ref>
 
Durante o seu traxecto ao Gran Tenochtitlán, Cortés lograra as alianzas de pobos subxugados polos aztecas, como [[Tlaxcala]] e [[Chalco-Atenco|Chalco]]. Véndose derrotado, reuniu as súas forzas coas dos seus aliados e, en [[xaneiro]] de [[1521]], despois de máis de seis meses da súa derrota, Cortés comezou a marcha cara á cidade que o viu vencido na Noite Triste. Os aztecas estaban agora gobernados por [[Cuauhtémoc]], pois Cuitláhuac falecera en [[novembro]], vítima de [[varíola]], enfermidade traída polos españois e para a cal non estaban preparados os nativos. En [[marzo]], Cortés comezou o sitio da cidade, á que lle cortou a auga e os recursos básicos de sanidade, comunicación e comercio. A pesar das súas alianzas con [[Tetzcuco]] e [[Tlacopan]], a cidade tivo que renderse o [[13 de agosto]], marcando así o inicio do dominio español.
 
Cuauhtémoc, líder azteca, intentou escapar en [[Balsa (embarcación)|balsa]] polo [[lago de Texcoco]], pero foi arrestado. Encarcerado en [[Coyoacán]], queimáronlle os pés para que confesara a situación do seu tesouro. Como non confesou, levárono a unha expedición en [[Centroamérica]], en [[1525]]. As sospeitas de conspiración fixeron que o condenaran a morte, que foi executada na [[forca]] o [[28 de febreiro]] de [[1525]].<ref>{{cita web |url = http://redescolar.ilce.edu.mx/redescolar/efemerides/febrero/conme28.htm |título = La muerte de Cuauhtémoc |dataacceso = 5-08-2008 |anoacceso = |autor = Ángel María Garibay |formato = HTML |idioma = español}}</ref>
 
=== A fundación ===
Tras as accións militares, sometida mediante as armas, a capital [[azteca|mexica]] e, en marcha ocupación do resto do Altiplano Central mexicano, Hernán Cortés ordenou a demolición de [[México-Tenochtitlán]] e a edificación nos seus restos da nova capital, dispoñendo que o [[Arquitecto|alarife]] [[Alonso de Estrada (gobernador)|Alonso de Estrada]] deseñara un trazado ao estilo castelán. Os españois fixeron da [[cidade de México]] a capital dunha entidade que denominaron Nova España, que comprendía dentro dela a todos os señoríos aliados ou sometidos polas tropas de Cortés.
 
A primeira sociedade novohispana constituíuse en torno ao círculo superior de capitáns da expedición, con Hernán Cortés como [[capitán xeneral]] dos territorios recentemente conquistados, que organizaron máis expedicións para controlar territorios. O sistema económico occidental foi implantándose gradualmente, incluíndo prácticas agrícolas, comerciais e financeiras, aínda que moitas estruturas indíxenas continuaron practicamente intactas, como a mobilidade das mercadorías, as estruturas de tributación e algúns poderes locais.<ref>{{cita libro | apelidos = LOCKHART | nome = James |ligazónautor= | coautores = | editor = | outros = | título = Los nahuas después de la Conquista | edición = | data = | ano = 1999 | mes = | editorial = [[Fondo de Cultura Económica]] | situación= | id = | isbn = | páxinas = | capítulo = | urlcapítulo = | cita = }}</ref>
 
Os indíxenas, maioritarios sempre na sociedade, tras ser sometidos pola vía militar ou recoñecido o vasalaxe español, foron reunidos en vilas ou [[repúblicas de indios]], que foron constituídas xa fora por facelos á usanza occidental en poboacións importantes e deixando aos mesmos gobernadores, o por [[congregación]]s, constituídas polas poboacións de varias vilas dispersas nunha soa, ou ben como traballadores nas primeiras [[encomenda]]s e ''[[obraje]]s''. Un punto esencial é que, a partir deste proceso, viviuse un [[demografía|colapso demográfico]] das sociedades indíxenas, morrendo centos deles a causa da explotación e as epidemias, que alcanzou un punto crítico á metade do [[século XVI]].
 
As congregacións tiveron entre os seus fins a [[evanxelización]] dos indíxenas, un proceso que foi primordial na política española do século XVI e realizado polas principais ordes relixiosas.<ref>{{cita libro | apelidos = HASSIG | nome = Ross | título = Comercio, tributo y transportes. La economía política del Valle de México en el siglo XVI | ano = 1985 | mes = | editorial = Alianza Editorial Mexicana | urlcapítulo = | cita = }}</ref>
Liña 178:
=== Os misioneiros católicos ===
[[Ficheiro:Padre Misionero Francisco Eusebio Kino.jpg|miniatura|230px|O Padre xesuíta Eusebio Francisco Kino.]]
No [[século XVI]], os españois ao mando de [[Hernán Cortés]] conquistaron aos mexicas e fixéronse coas súas propiedades. O labor misioneiro da [[Igrexa Católica]] iniciouse coa chegada das ordes mendicantes: [[Orde dos Freires Menores|franciscanos]], [[Orde de Predicadores|dominicanos]] e [[Orde de Santo Agostiño|agostiños]], que evanxelizaron partindo do Altiplano Central cara a fóra, ás localidades máis poboadas, e creando novas onde eran dispersas. No transcurso da segunda década deste século, [[Cristóbal de Olid]], [[Pedro de Alvarado]] e [[Nuño Beltrán de Guzmán]] apoderáronse de gran parte do territorio mexicano, salvo o norte do país, onde as tribos [[chichimeca]]s perduraron até principios do [[século XVII]], cando fueron case exterminadas. Nese mesmo século, o labor dos freires chegados á Nova España permitiu estender os núcleos poboacionais a [[Nuevo León]], onde se fundaron [[Cerralvo]], [[Cadereyta]] e [[Sabinas Hidalgo]].<ref name="Historia del Virreinato"> {{cita web
|url = http://www.puc.cl/sw_educ/historia/america/html/1_2_1_1.html
|título = El virreinato de Nueva España
Liña 195:
}}</ref>
 
Neste mesmo período, o labor dos [[franciscano]]s fixo posíbel a fundación de [[Ciudad Juárez|Paso del Norte]], en [[1682]]. [[Carlos de Sigüenza y Góngora]], intelectual e [[Xeografía|xeógrafo]] mexicano, dedicuse a [[cartografía|cartografar]] nas [[Nuevas Filipinas]] ([[Texas]]) e no porto de [[Panzacola]] (hoxe Pensacola), onde se edificou o forte de San Carlos para defender a localidade de [[Piratería|ataques piratas]].<ref name=ref_duplicada_1>{{cita libro | apelidos = Ricard | nome = Robert |ligazónautor= | coautores = | editor = | otros = | título = La Conquista Espiritual de México | edición = | fecha = | ano = 1949 | mes = | editorial = [[Fondo de Cultura Económica]] | publicación = [[Ciudad de México]]| id = | isbn = |páxinas= | capítulo = | urlcapítulo = | cita = }}</ref>
 
A [[Compañía de Xesús]] substituiu paulatinamente o labor dos franciscanos, pero ampliouna no aspecto cultural e educativo. [[Eusebio Francisco Kino]], nacido en [[Trento]], cuna do [[Concilio de Trento|concilio da Contrarreforma]], que adoptara o seu segundo nome en honor a [[Francisco de Asís]], a quen admiraba, chegou á Nova España en [[1682]] e dedicouse a difundir o [[Cristianismo]]. Kino fundou misións en [[Sonora]] e [[Arizona]], e a maior delas, [[Magdalena de Kino]], no norte do territorio sonorense, leva o nome da súa nai. Morreu en [[1711]].
Liña 218:
}}</ref>
 
O labor de Kino inspirou a outros xesuítas para continuar a obra de fundación, xa entrado o [[século XVIII]], coa fundación de [[San Antonio de Béjar]] e a [[baía do Espíritu Santo]], ambas en Texas. Pero en [[1767]], [[Carlos III de España|Carlos III]] expulsou aos xesuítas dos seus dominios ''por atentaren contra as doutrinas da Igrexa e do rei'', e as súas antigas misións pasaron a seren administradas polos [[dominico]]s, que as estenderon até [[Paraguai]] e [[Ecuador]].
 
[[Junípero Serra]], natural das [[illas Baleares]], fundou en [[California|Alta California]] as misións de [[Misión de San Diego de Alcalá|San Diego de Alcalá]], [[Misión de San Carlos Borromeo de Carmelo|San Carlos Borromeo de Carmelo]], [[Misión de San Gabriel Arcángel|San Gabriel Arcángel]], [[Misión de San Luis Obispo de Tolosa|San Luis Obispo de Tolosa]], [[Misión de San Francisco de Asís|San Francisco de Asís]] e [[Misión de San Juan Capistrano|San Juan Capistrano]], entre outras.
 
O italiano Peri recibiu mandato de [[Pío VI]] para evanxelizar as terras de [[Chihuahua]], onde fundou en [[1798]] a [[misión de San Luis Rey]].